Afonso Eanes do Coton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Afonso Eanes do Coton
Nome completoAfonso Eanes de Coton
Nacementoséculo XII
 Negreira
Falecemento1266
 Cidade Real
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntrobador
editar datos en Wikidata ]

Afonso Eanes do Coton foi un trobador galego, activo nas cortes de Fernando III e Afonso X; o seu trazo máis acusado é o realismo. Suponse que naceu a finais do século XII en Negreira, onde está o pazo do Cotón.

Consérvanse del catorce cantigas de escarnio e maldicir, dúas cantigas de amigo e dúas tenzóns, as dúas con Pero da Ponte, o seu discípulo e futuro asasino. Amais, hai dúbidas respecto á autoría de dúas pezas de escarnio e maldicir (quizais escritas por el ou por Pero Viviães), unha cantiga de amor (escrita por el ou por Airas Engeitado) e outra de amigo (escrita quizais por Paio Soares de Taveirós).

Para os seus contemporáneos era un vividor de moi má reputación, abarregado cunha tal María Pérez Balteira de fama aínda peor que a súa.

Mari’ Mateu, ir-me quer eu daquen

por que non poss’ un cono baratar
alguen que me o daria nõno ten,
e algu[a] que o ten non mi o quer dar

[...]

Mari’ Mateu, Mari’ Mateu,

tan desejosa ch’és de cono com’ eu!

Afons’ Eanes de Coton[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cantiga atribuída a Afonso Eanes do Coton e recollida dentro do primeiro volume da Lírica profana galego-portuguesa, publicado polo Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Afonso_Eanes_do_Coton&oldid=5117426"