Afonso XII de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Afonso XII.

Afonso XII, O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e falecido en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi Rei de España entre 1875 e 1885.

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo aínda un neno os seus pais foron destronados pola revolución de 1868, "La Gloriosa", e foron obrigados a exiliarse, polo que se educa en diversas cidades europeas como París, Viena etc. A súa nai renunciou ao seu cargo como raíña en favor do seu fillo, nun documento que firmou en París en 1870. Nestes anos sucedéronse varios gobernos provisionais (1868-70), o reinado de Amadeo I de Savoia e a Primeira República española (1873-1874). Esta foi liquidada polo xeneral Pavía, e grazas a isto, abriuse un período de gobernos provisionais. Durante esta etapa histórica (sexenio Revolucionario).

Afonso XII por Román Navarro.

O 1 de decembro, Afonso fixo público un manifesto (Manifesto de Sandhurst), presentándose aos españois como príncipe católico, español, constitucional e desexoso de servilos. O 29 de decembro de 1874 prodúcese a restauración da monarquía en España. Naquel momento, o xefe do estado era o xeneral Serrano, imposto a raíz do golpe de estado do xeneral Manuel Pavía que supuxera a caída da Primeira República. O xefe de goberno provisional era o xeneral Sagasta.

En xaneiro de 1875 chegou a España e foi proclamado rei perante as Cortes Españolas. O seu reinado consistiu en restaurar a monarquía e o país arranxando as disputas internas, gañándose así o seu alcume de "Pacificador".

Tamén en 1876 aprobouse a nova Constitución. Durante ese ano rematou a Guerra Carlista.

Afonso XII realizou en 1883, unha visita oficial a Bélxica, Austria, Alemaña e Francia. Alemaña tratou de ocupar as illas Carolinas, naquel momento baixo dominio español, provocando un incidente entre os dous países que se saldou a favor de España coa sinatura do acordo hispanoalemán en 1885. Ese mesmo ano atopouse un brote de cólera en Aranjuez.

Pouco despois morreu de tuberculose o día 25 de novembro de 1885 no Palacio del Pardo en Madrid.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Casou dúas veces, primeiro coa súa curmá, María de las Mercedes de Orleáns, filla dos duques de Montpensier,[1] morrendo esta de tifo uns meses despois de casaren. Despois casa con María Cristina de Habsburgo-Lorena, con ela tivo tres fillos.

Historia de España
Restauración borbónica
Reinado de Alfonso XII
Reinado de Alfonso XIII
Guerra hispano-estadounidense
Rexeneracionismo
Ditadura de Primo de Rivera

Fillos[editar | editar a fonte]

  • María de las Mercedes (1880 - 1904), princesa de Asturias.
  • María Teresa (1882- 1912), infanta de España.
  • Afonso XIII (1886 - 1941), Rei de España, naceu tras a morte do seu pai.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Comellas García-Llera, José Luis (2014). Historia de España contemporánea (10ª ed.). RIALP. p. 256. ISBN 978-84-321-4346-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ningún
(Francisco Serrano,
Presidente da República)
 Escudo Isabel II.png
Rei de España
 
1874 - 1885
Sucesor:
Afonso XIII
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Afonso_XII_de_España&oldid=4653144"