Agatón, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Agatón")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agatón, papa
Agatho.png
Nacemento574
 Sicilia
Falecemento10 de xaneiro de 681
 Roma
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeImperio Bizantino
Relixióncristianismo
Ocupaciónclérigo e sacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Agatón, falecido o 10 de xaneiro de 681, foi o 79º papa desde 678 até a súa morte.

Sen dúbida de orixe oriental, viviu durante longo tempo en Palermo (Sicilia) antes de pasar a Roma. É coñecido principalmente por facer condenar o monotelismo no IV Concilio de Constantinopla (680-681), e por ser quen de ter librado a Igrexa das imposicións do emperador de Bizancio. Así mesmo fixo recoñecer polo arcebispo de Rávena a autoridade da sede romana, acrecentando a influencia de Roma sobre o clero occidental.

O seu nome procede do grego ἀγαθός, agathos, («bo, valente»). Canonizado, a súa festa rememórase no 10 de xaneiro. É o padroeiro da cidade siciliana de Palermo.

Segundo se conta foi elixido papa con 103 anos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Agatón,_papa&oldid=4958102"