Agatha Christie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agatha Christie
Agatha Christie.png
Agatha Christie
Nome completo Agatha Mary Clarissa Miller
Alcume Mary Westmacott e Agatha Christie
Nacemento 15 de setembro de 1890
Lugar Torquay, Devon
Falecemento 12 de xaneiro de 1976
Lugar Cholsey, Oxfordshire
Soterrado Cholsey
Nacionalidade Reino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupación dramaturgo, enfermeiro, escritor, novelista, guionista, Prosa e Dramaturgo
Cónxuxe Archibald Christie (1914-1928)
Max Mallowan (1930-1976)
Fillos Rosalind Hicks (1919-2004)
Xéneros novela de misterio
Coñecido/a por Hercule Poirot, Murder in Mesopotamia, Murder in the Mews, The Mysterious Affair at Styles, The Secret Adversary, The Murder on the Links, The Man in the Brown Suit, The Secret of Chimneys, The Murder of Roger Ackroyd, The Big Four, The Mystery of the Blue Train, The Seven Dials Mystery, The Murder at the Vicarage, Giant's Bread, The Floating Admiral, The Sittaford Mystery, Peril at End House, Lord Edgware Dies, Why Didn't They Ask Evans?, Murder on the Orient Express, Unfinished Portrait, Three Act Tragedy, Death in the Clouds, The A.B.C. Murders, Cards on the Table, Death on the Nile, Dumb Witness, Appointment with Death, Murder Is Easy, One, Two, Buckle My Shoe, Sad Cypress, Evil Under the Sun, N or M?, The Body in the Library, The Moving Finger, Five Little Pigs, Towards Zero, Absent in the Spring, Death Comes as the End, Sparkling Cyanide, The Hollow, The Rose and the Yew Tree, Taken at the Flood, Crooked House, A Murder Is Announced, They Came to Baghdad, They Do It with Mirrors, Mrs. McGinty's Dead, A Daughter's a Daughter, After the Funeral, A Pocket Full of Rye, Destination Unknown, Hickory Dickory Dock, The Burden, Dead Man's Folly, 4.50 from Paddington, Ordeal by Innocence, Cat Among the Pigeons, The Pale Horse, The Mirror Crack'd from Side to Side, The Clocks, A Caribbean Mystery, At Bertram's Hotel, Third Girl, Endless Night, By the Pricking of My Thumbs, Hallowe'en Party, Passenger to Frankfurt, Nemesis (livro), Elephants Can Remember, Postern of Fate, Curtain, Sleeping Murder, Hercule Poirot's Christmas e Ten Little Niggers
Premios Dame Commander of the Order of the British Empire, Edgar Award e Orde do Imperio Británico
editar datos en Wikidata ]

Agatha Mary Clarissa Miller Christie, nada en Torquay, Devon, o 15 de setembro de 1890 e falecida en Cholsey, Oxfordshire, o 12 de xaneiro de 1976, foi unha escritora inglesa de novelas de misterio. Tamén escribiu novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott. É coñecida como a Raíña do Crime.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Agatha Christie é a escritora de misterio máis coñecida do mundo. Ata o 2003 vendéranse máis de mil millóns de exemplares dos seus libros en inglés e outros mil millóns traducidos a máis de 45 idiomas. Como exemplo do seu éxito internacional, é a escritora que máis libros vendeu en Francia con máis de 40 millóns de exemplares (ata 2003), contra 22 millóns de Émile Zola, o seu competidor máis próximo.

A súa obra de teatro The Mousetrap (A ratoeira, baseada no seu relato Three Blind Mice and Other Stories) ten o récord de permanencia en carteleira en Londres, con máis de 20.000 representacións desde a súa estrea no teatro Ambassadors o 25 de novembro de 1952 ata a actualidade.

Christie publicou máis de oitenta novelas e obras de teatro, principalmente do tipo do cuarto pechado e con argumentos onde intervén un dos seus personaxes principais, ben Hercules Poirot ou ben Miss Marple. Se ben lle gustaba variar a forma establecida do relato de detectives (un dos seus primeiros libros, The Murder of Roger Ackroyd, é famoso polo seu sorpresivo desenlace), era escrupulosa en xogar limpo co lector ó asegurarse de dar toda a información para resolver o problema.

A maioría das súas novelas e relatos foron levados ó cine, algúns en máis dunha ocasión, como Murder on the Orient Express ou Death on the Nile.

Agatha Christie estivo escribindo desde o final da Primeira Guerra Mundial, cando creou o seu personaxe Hercules Poirot, o pequeno detective belga coa súa cabeza con forma de ovo e a súa paixón pola orde, e desde entón un dos detectives máis populares desde Sherlock Holmes. Poirot e os seus outros detectives (como Miss Marple) apareceron tamén nas numerosas películas, programas de radio e representacións teatrais baseados nos libros de Agatha Christie.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Placa en lembranza de Agatha Christie no exterior da Torre Abbey, en Torquay

Agatha Christie naceu na vila de Torquay (condado de Devon), de pai norteamericano e nai británica, se ben nunca tivo a nacionalidade estadounidense.

O seu primeiro matrimonio, nada feliz, tivo lugar en 1914, co coronel Archibald Christie, aviador do Royal Flying Corps. A parella tivo unha filla, Rosalind Hicks, e divorciouse en 1928.

Durante a Primeira Guerra Mundial traballou nun hospital e no dispensario do mesmo, o que tivo certa influencia na súa obra: moitos dos asasinatos que relata lévanse a cabo con velenos.

En decembro de 1926 desapareceu durante once días, causando gran alarma na prensa. O seu vehículo atopouse abandonado nunha canteira. Finalmente atopóuselle nun hotel de Harrogate, onde dixo sufrir amnesia a causa dun ataque de nervios trala morte da súa nai e a confesión de infidelidade por parte do seu marido. Aínda hoxe se discute se todo é verdade ou simplemente un truco publicitario. Esta aventura foi filmada en 1979 co título de Agatha, coa actuación de Vanessa Redgrave.

En 1930 casou co católico Max Mallowan, un arqueólogo 14 anos menor. Acompañouno nas súas viaxes ó Medio Oriente, que serviron de fondo a varias das súas novelas.

En 1961 foi nomeada membro da Real Sociedade de Literatura, e feita doutora honoris causa en Letras pola Universidade de Exeter.

En 1971 concedéuselle o título de Dama do Imperio Británico (Dame), o equivalente feminino do título de Sir, un título de nobreza que naquela época se concedía con menos frecuencia ás mulleres do que se fai con xustiza hoxe en día.

Agatha Christie morreu de causas naturais o 12 de xaneiro de 1976, con 85 anos, en Winterbrook House, Cholsey, cerca de Wallingford, Oxfordshire. Está enterrada no camposanto da igrexa de St. Mary, en Cholsey.

Varios dos seus libros foron publicados a título póstumo, entre eles a súa autobiografía.

Actualmente estanse programando videoxogos adaptados dos libros de Agatha Christie.

Ademais de ser escritora detectivesca escribiu seis novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott, algunhas obras teatrais e un libro de poemas.

Unha das características principais da prosa detectivesca de Agatha Christie é que se desenvolven no que se denomina o whodunit; o que permite ó lector ensaiar hipóteses e, en suma, intentar adiviñar a identidade do culpable antes de acabar a lectura do relato.

Obra[editar | editar a fonte]

Prosa[editar | editar a fonte]

  • The Mysterious Affair at Styles (1920; aparecen Hércules Poirot, o inspector Japp e o capitán Hastings)
  • The Secret Adversary (1922; aparecen Tommy e Tuppence)
  • Murder on the Links (1923)
  • The Man in the Brown Suit (1924)
  • Poirot Investigates (1924; once relatos)
  • The Secret of Chimneys (1925; presenta ó Superintendente Battle de Scotland Yard)
  • Asasinato de Roger Ackroyd (The Murder of Roger Ackroyd, 1926; tradución de Miguel Pérez Romero)
  • The Big Four (1927)
  • The Mystery of the Blue Train (1928)
  • Partners in Crime (1929; quince relatos)
  • The Seven Dials Mystery (1929; cos mesmos personaxes de The Secret of Chimneys)
  • The Murder at the Vicarage (1930; presenta a Miss Marple)
  • The Mysterious Mr. Quin (1930; presenta ó Sr. Harley Quin; relatos)
  • The Sittaford Mystery (1931)
  • Peril at End House (1932)
  • The Hound of Death (1933; doce relatos)
  • Lord Edgware Dies (1933)
  • The Thirteen Problems (1933; trece relatos coa señorita Marple)
  • Asasinato no Orient Express (Murder on the Orient Express, 1934; tradución de Alberto Álvarez Lugrís)
  • Parker Pyne Investigates (1934, doce relatos; presenta a Parker Pyne e Ariadna Oliver)
  • The Listerdale mystery (1934; doce relatos)
  • Three Act Tragedy (1935)
  • Why Didn't They Ask Evans? (1935)
  • Death in the Clouds (1935)
  • The A.B.C. Murders (1936)
  • Murder in Mesopotamia (1936)
  • Cards on the Table (1936)
  • Death on the Nile (1937)
  • Dumb Witness (1937)
  • Murder in the Mews (1937; catro relatos con Hércules Poirot)
  • Appointment with Death (1938)
  • Dez negriños (And Then There Were None, 1939; tradución de Eva Almazán)
  • Murder is Easy (1939)
  • Hercule Poirot's Christmas (1939)
  • Regatta Mystery and Other Stories (1939; nove relatos)
  • Sad Cypress (1940)
  • Evil Under the Sun (1941)
  • N or M? (1941)
  • One, Two, Buckle My Shoe (1941)
  • The Body in the Library (1942)
  • Five Little Pigs (1942)
  • The Moving Finger (1942)
  • Towards Zero (1944)
  • Cianuro espumoso (Sparkling Cyanide, 1944; tradución de María Cameselle)
  • Death Comes as the End (1945)
  • The Hollow (1946)
  • The Labours of Hercules (1947; doce relatos con Hércules Poirot)
  • Taken at the Flood (1948)
  • Witness for the Prosecution and Other Stories (1948)
  • Crooked House (1949)
  • A Murder is Announced (1950)
  • Three Blind Mice and Other Stories (1950)
  • They Came to Baghdad (1951)
  • The Under Dog and Other Stories (1951; nove relatos)
  • Mrs McGinty's Dead (1952)
  • They Do It with Mirrors (1952)
  • A Pocket Full of Rye (1953)
  • After the Funeral (1953)
  • Hickory Dickory Dock (1955)
  • Destination Unknown (1955)
  • Dead Man's Folly (1956)
  • 4.50 from Paddington (1957)
  • Ordeal by Innocence (1957)
  • Cat Among the Pigeons (1959)
  • The Adventure of the Christmas Pudding (1960; seis relatos)
  • The Pale Horse (1961)
  • The Mirror Crack'd from Side to Side (1962)
  • The Clocks (1963)
  • A Caribbean Mystery (1964)
  • At Bertram's Hotel (1965)
  • Third Girl (1966)
  • Endless Night (1967)
  • By the Pricking of My Thumbs (1968)
  • Hallowe'en Party (1969)
  • Passenger to Frankfurt (1970)
  • Nemesis (1971)
  • The Golden Ball and Other Stories (1971; quince relatos)
  • Elephants Can Remember (1972)
  • Akhnaton - A play in three acts (1973)
  • Postern of Fate (1973; con Tommy e Tuppence, última novela escrita)
  • Poirot's Early Cases (1974; dezaoito relatos)
  • ''Pano. O derradeiro caso de Poirot (Curtain, 1975; tradución de Monserrat Gálvez Fernández)
  • Sleeping Murder (1976; o último caso da señorita Marple, escrito catro décadas antes)
  • Miss Marple's Final Cases and Two Other Stories (1979)
  • While the Light Lasts and Other Stories (1997)

Obras en colaboración[editar | editar a fonte]

  • The Floating Admiral (1931; escrita con G. K. Chesterton, Dorothy L. Sayers e outros membros do Detection Club)

Obras de teatro adaptadas en forma de novelas por Charles Osborne[editar | editar a fonte]

  • Black Coffee (1998)
  • The Unexpected Guest (2001)
  • The Spider's Web (2003)

Obras escritas como Mary Westmacott[editar | editar a fonte]

  • Giant's Bread (1930)
  • Unfinished Portrait (1934)
  • Absent in the Spring (1944)
  • The Rose and the Yew Tree (1948)
  • A Daughter's a Daughter (1952)
  • The Burden (1956)

Obras de teatro[editar | editar a fonte]

  • Alibi (1928)
  • Black Coffee (1930)
  • Love from a Stranger (1936)
  • A Daughter's a Daughter (1936 ou 1939; nunca representada)
  • Peril at End House (1940)
  • Ten Little Indians (1943)
  • Appointment With Death (1945)
  • Murder on the Nile/Hiddon Horizon (1946)
  • Murder at the Vicarage (1949)
  • The Hollow (1951)
  • The Mousetrap (1952)
  • Witness for the Prosecution (1953)
  • The Spider's Web (1954)
  • Towards Zero (1956)
  • Verdict (1958)
  • The Unexpected Guest (1958)
  • Go Back for Murder (1960)
  • Rule of Three (1962)
  • Fiddler's Three (1972; orixinalmente Fiddler's Five, nunca se publicou; última obra de teatro escrita)
  • Aknaton (1973; escrita en 1937)
  • Murder is Announced (1977)
  • Cards on the Table (1981)
  • Murder is Easy (1993)
  • And Then There Were None (2000)

Obras para radio[editar | editar a fonte]

  • The Yellow Iris (1937)
  • Three Blind Mice (1947)
  • Butter In a Lordly Dish (1948)
  • Personal Call (1960)

Obras para televisión[editar | editar a fonte]

  • Wasp's Nest (1937)

Adaptacións cinematográficas[editar | editar a fonte]

Realizáronse varias producións -principalmente británicas e estadounidense- baseadas literal ou de forma máis libre nas súas historias, coa única excepción dun film de 1979 (Agatha do británico Michael Apted) no que se tomaba a figura directa da escritora e se intentaba dilucidar sobre un suceso real relacionado con ela: a súa misteriosa desaparición durante varios días en 1926.

Suxestión mortal (1937, Rowland V. Lee) e And Then There Were None (1944, René Clair) son as primeiras adaptacións importantes sobre Christie, sendo a primeira un bo drama de misterio hoxe esquecido, e a segunda unha pequena obra mestra do cine de suspense con inesquecible elenco de secundarios tan famosa como pouco revisada. Logo virían 4.50 from Paddington (1962, George Pollock), o éxito do cal iniciou unha serie de películas centradas nos casos da señorita Marple, interpretada maxistralmente por Margaret Rutherford; Endless Night (1971), que descubriu a Britt Ekland; o famoso ciclo rodado con estrelas de Hollywood composto de Murder on the Orient Express (1974, Sidney Lumet), con Premio Oscar para Ingrid Bergman, Death on the Nile (1976, John Guillermin) coa primeira aparición de Peter Ustinov encarnando ó detective Hercules Poirot, The Mirror Crack'd (1980, Guy Hamilton), Evil Under the Sun (1981, Guy Hamilton) que probablemente sexa a entrega máis frouxa, e Ordeal by Innocence (1983, Desmond Davis). Tamén destaca a película Appointment with Death (1987, de Michael Winner). A partir de 1982 rodáronse tres series para televisión: un sobre Miss Marple, con Helen Hayes, de só tres cintas pola repentina morte da actriz; un sobre Hercules Poirot con Peter Ustinov, e outro sobre Miss Marple -este na televisión inglesa- interpretado por Joan Hickson, á parte de adaptacións soltas de toda condición. Tamén na pequena pantalla destaca a serie inglesa: Partners in crime, de 1982.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Agatha_Christie&oldid=4090437"