Agoitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 42°47′0″N 1°22′0″O / 42.78333, -1.36667

Agoitz
Aoiz
Bandera de Aoiz.svg
Escudo de Aoiz.svg
3 Ardanatz Iriso Itzagaondoa Agoitz Itoiz.jpg
Vistas da localidade.
Localización
Agoitz en España
Agoitz
Agoitz
Agoitz en Navarra
Agoitz
Agoitz
País España España
Comunidade Autónoma Navarra Navarra
Provincia Navarra Navarra
Comarca Agoitz
Xeografía
Altitude 504 msnm
Superficie 13,54 km²
Demografía
Poboación 2 684 (2013)
Densidade 194,17
Xentilicio Agoiztar/ Agoizko
Outros datos
Código postal 31430
Alcalde Unai Lako Goñi (Bildu)
Páxina oficial

Agoitz (en castelán e tamén oficial: Aoiz) é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Sangüesa e a 28 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 2 684 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 13,54 km² e a súa densidade de poboación é de 198,23 hab/km².

Historia[editar | editar a fonte]

Os vestixios prehistóricos atopados na zona denotan un antigo poboamento, se ben a localización e o termo de Agoitz semellan datar da época da romanización. O núcleo de poboación xurdiu durante os séculos I a IV da nosa era. O nome de Agoitz, segundo os lingüistas é patronímico xentilicio e fai referencia ó señor ou encargado do fundus ou domini que dependía dunha cidade romana. No ano 924, parte do poboado de Agoitz foi destruído polo califa Abd al-Rahman III. Da vila tense constancia documental dende o século XI, cando estaba a cargo do conde Erro (val achegado á localidade). Agoitz formou parte do val de Longida até o 1424, ano do cal se segregou. En 1479, foi elevada á categoría de "Boa Vila" pola princesa Magdalena, nai e titora do rei neno Francisco I, recordando a Paz Xeral que se asinou na Vila diante da ermida de San Román despois de máis de 30 anos de guerra civil en Navarra entre agramonteses e beamonteses. O acto de paz, no cal os principais xefes rivais chantaron as súas espadas no chan é o motio temático do escudo da localidae, foi outorgado en 1494 polos reis Catarina de Navarra e Xoán III de Albret.

Tamén dende 1479, Agoitz dispuxo de representación nas antigas Cortes de Navarra. Despois da supresión do Tribunal de Comptos e a creación en 1835 dos "Partidos Xudiciais", Navarra quedou dividida en cinco demarcacións, semellantes ás Merindades históricas, na que a Merindade de Olite adxudicouse en Tafalla e a de Sangüesa a capitalidade de Agoitz. Na primeira metade do século XX a localidade foi un centro manufactureiro de gran entidade, na súa maior parte promovida pola Sociedade El Irati, S.A, que constituíu arredor de Agoitz un importante serradoiro, unha industria química e o primeiro tren de tracción eléctrica da península Ibérica.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007
1 848 1 861 1 838 1 842 1 862 1 892 2 001 2 099 2 109 2 175 2 242
Fontes: Agoitz e Instituto de Estatística de Navarra

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Agoitz&oldid=4266538"