Agostinho Neto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Agostinho Neto
Agostinho Neto (1975).jpg
Nome completo António Agostinho Neto
Nacemento 17 de setembro de 1922
  Ícolo e Bengo
Falecemento 10 de setembro de 1979
  Moscova
Soterrado Luanda
Nacionalidade Portugal e Angola
Relixión catolicismo
Educado en Universidade de Coimbra e Universidade de Lisboa
Ocupación político, poeta e médico escritor
Premios Prêmio Lenin da Paz, Orde de Lenin, Order of Playa Girón, Order of the Companions of O. R. Tambo, sen etiquetar, National Order of Merit, Order of the Yugoslav Star, sen etiquetar e Order of Merit of the Republic of Poland
editar datos en Wikidata ]
Agostinho Neto en abril de 1975.

António Agostinho Neto, nado en Catete, Icolo e Bengo, Angola, o 17 de setembro de 1922 e finado en Moscova o 10 de setembro de 1979, foi un político e escritor angolano e o primeiro presidente de Angola, entre 1975 e 1979.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Converteuse nunha figura prominente na década de 1940 dentro dos movementos nacionalistas angolanos, ao tempo que estudaba medicina en Lisboa. Á súa volta a Angola, logo de se doutorar, convértese axiña nunha figura problemática pola súa oposición ao goberno colonial, que o arresta, aínda que consegue escapar a Marrocos, onde se converte nun dos líderes da resistencia angolana no exilio.

Foi un dos primeiros membros do Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA) e asumiu a presidencia de Angola o 11 de novembro de 1975 cando Angola obtivo a independencia.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • 1957 - Quatro Poemas de Agostinho Neto, Póvoa do Varzim, e.a.
  • 1961 - Poemas, Lisboa, Casa dos Estudantes do Império
  • 1974 - Sagrada Esperança, Lisboa, Sá da Costa (inclúe os poemas dos dous primeiros libros)
  • 1982 - A Renúncia Impossível, Luanda, INALD (edición póstuma)

Política[editar | editar a fonte]

  • 1974 - Quem é o inimigo... qual é o nosso objectivo?
  • 1976 - Destruir o velho para construir o novo
  • 1980 - Ainda o meu sonho

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Agostinho_Neto&oldid=4734835"