Agosto do 36

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Agosto do 36
Autor/aXosé Fernández Ferreiro
CubertaVilar Cardona
OrixeGalicia
LinguaGalego
ColecciónNarrativa
Tema(s)Guerra Civil española
Xénero(s)Narrativa
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.1991
Páxinas144 páx.
ISBNISBN 978-84-8302-782-0

Agosto do 36 é unha novela do escritor Xosé Fernández Ferreiro, publicada en 1991 por Edicións Xerais logo de acadar o Premio Xerais. Foi reeditada en 2002, na Biblioteca Galega 120, e reimpresa en diversas ocasións

Trama[editar | editar a fonte]

Agosto de 1936 nunha aldea da provincia de Ourense, tralo Alzamento Nacional que deu pé á guerra civil española. Gregorio, coñecido como o Xirandón, sabe que é buscado para ser asasinado polas súas ideas a prol da liberdade. Garabís é un falanxistas que aproveita a situación para vingarse de Gregorio e Sara, unha parella de mestres, pois tenlle xenreira a el por emparellar con Sara. Garabís conta con varios veciños colaboradores que o axudan nesta misión. Os falanxistas reclúen a muller nunha aldea abandonada para que o home se entregue. Logo de catro días secuestrada, mátana, e ao marchar descobren o cadáver de Gregorio, ao que disparan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Agosto_do_36&oldid=4733764"