Agustín Sixto Seco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla de Galiza.svg
Agustín Sixto Seco
Nacemento 3 de decembro de 1926
  Mugardos
Falecemento 30 de decembro de 2004
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Ocupación médico
editar datos en Wikidata ]

Agustín Sixto Seco, nado en Meá (Mugardos) o 3 de decembro de 1926 e finado en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 2004, foi un médico e intelectual galeguista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dun traballador da Bazán con afeccións mariñeiras, espírito aberto e aventureiro que o fillo herdou. Elevou a traumatoloxía galega ó primeiro plano do estado e chegou a ser presidente da Sociedade Española de Traumatoloxía, mantendo moi boas relacións con Portugal, co International College of Surgeons e coa Sociedad Latinoamericana de Ortopedia.

O seu labor amosaba a dedicación á curación da humanidade, pero tamén un fondo traballado por Galicia: máis ca home de cultura (que o era) foi promotor cultural de primeira orde. Alí onde nacía unha institución clave para entender a Galicia do terceiro milenio, alí estaba el: a editorial Galaxia, a fundación Penzol, o Museo do Pobo Galego, o Centro Ramón Piñeiro ou a fundación Camilo José Cela. O seu primeiro traballo foi o máis querido por el: a Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón. Pero a recuperación da historiografía non quedou na autora de Iria Flavia: dun pazo algo deteriorado, símbolo do decaemento petrucial do século XX, sacouse a Casa Museo Otero Pedrayo en Trasalba, onde o soto converteuse nun auditorio e as cortes nunha biblioteca. Crente católico coma Alexandre Bóveda, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco ou don Ramón Otero Pedrayo, colaborou na revista galega de pensamento cristián Encrucillada ata a súa morte.

Premio Trasalba en 2005.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Agustín_Sixto_Seco&oldid=4637537"