Aida Valiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aida Valiño
Aida Valiño - Triathlon de Lausanne 2010.jpg
Nacemento23 de xuño de 1987
 Castroverde
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntriatleta
editar datos en Wikidata ]

Aida Valiño, nada en Castroverde o 23 de xuño de 1987, é unha triatleta galega.

Integrou a primeira selección galega deste deporte, que debutou internacionalmente na Copa de Europa de Estoril, en 2006. Conformaban o equipo Alberte Trillo, Xavier Gómez Noya e Saleta Castro. Tamén participou na Copa de Europa de Alexandrúpoli (Grecia), con estes triatletas e ademais Antón Ruanova.

En tríatlon milita no club Fluvial de Lugo, como nadadora no Portamiña e como ciclista, no Spol Caixanova. Tamén venceu a travesía a nado da Ría de Vigo, na súa edición de 2006.

Mellores resultados[editar | editar a fonte]

Campionatos do mundo[editar | editar a fonte]

Lugar Posición Data Título
Lausana (Suíza) - júnior 32 03.09.2006
Hamburgo (Alemaña) - sub23 retirada na bicicleta 31.08.2007

Copa do Mundo[editar | editar a fonte]

Lugar Posto Data Marca Título
Madrid (España) 40 4.6.2006 2:15'39"
Lisboa (Portugal) 47 5.5.2007 2:14'38"
Madrid (España) 33 3.6.2007 1:15'33"

Campionatos de Europa[editar | editar a fonte]

Lugar Posición Data Título
Madrid (España) - Sub 23 7 03.06.2007
Serres (Grecia) - Sub23 2 24.05.2008
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aida_Valiño&oldid=4957092"