Air Nostrum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Air Nostrum
Bombardier CRJ-200ER Air Nostrum VLL.JPG
IATA
YW
OACI
ANE
Indicativo
NOSTRUM AIR
Fundación23 de maio de 1994
Aeroporto principalAeroporto de Valencia
Plan de voo frecuenteIberia Plus
AlianzaOneworld Oneworld logo.svg (afiliada)
Frota40
Destinos70
Páxina web: airnostrum.com

Air Nostrum Líneas Aéreas del Mediterráneo, comunmente coñecida pola versión curta Air Nostrum, é unha aeroliña con sede en Valencia, España, que opera como franquía de Iberia baixo o nome Iberia Regional Air Nostrum. Ademais é a compañía líder da aviación rexional española, realiza uns 350 voos ao día e a súa frota está composta por 65 avións de nova xeración. A compañía opera voos domésticos e con 7 países de Europa e Norte de África e ao longo de 2008 transportou máis de 5 millóns de pasaxeiros.

Características[editar | editar a fonte]

Obtivo varios premios, sendo a única rexional europea (xunto a Binter Canarias) en obter 4 veces o premio, na súa categoría Ouro, á Aeroliña do Ano, outorgado por ERA (European Regions Airline Association), e en obter a Palma de Ouro, distinción a perpetuidade, da mesma asociación, á Excelencia Sostida, única aeroliña que actualmente a posúe.

Tamén ofrece voos chárter privados. A súa base de mantemento e de operacións atópase no aeroporto de Valencia, pero conta con bases importantes nos aeroportos de Madrid-Barajas e Barcelona, así como bases secundarias nos aeroportos de Almería, Bilbao, Málaga-Costa do Sol, Palma, Pamplona, Donostia, Santander, Sevilla e Vitoria. Os seus voos regulares operan baixo código de Iberia (voos con códigos IB8XXX), polo xeral en rutas cuxa demanda non xustifica o uso dos avións de maior capacidade, ou en rutas rexionais que requiren unha alta frecuencia, como as conexións entre illas en Baleares ou Melilla coa península.

Frota[editar | editar a fonte]

A 14 de xuño de 2019 a frota de Air Nostrum estaba formada polos segguintes avións:[1]

Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
ATR 72-600 8 0 72
Bombardier CRJ200 4 0 50 Serán substituídos polos Bombardier CRJ-1000
Bombardier CRJ900 4 0 90
Bombardier CRJ1000 21 8 100
Bombardier CRJ100 3
Total 40 8

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Air_Nostrum&oldid=5238328"