Alan Orr Anderson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Alan Orr Anderson
Nacemento 1879
Falecemento 1958
Nacionalidade Escocia
Educado en Universidade de Edimburgo e Royal High School
Ocupación historiador
editar datos en Wikidata ]

Alan Orr Anderson, nado en 1879 e finado en 1958, foi un historiador escocés. Graduouse na Universidade de Edimburgo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1908, despois de cinco anos de traballo esponsorizado polo Carnegie Trust, publicou Scottish Annals from English Chroniclers, unha recompilación de fontes sobre a historia de Escocia antes de 1286 escritas en Inglaterra ou por cronistas nados en Inglaterra. Catorce anos despois, publicou un traballo de dous volumes titulado Early Sources of Scottish History, A.D. 500 to 1286, unha recompilación de fontes meirande, desta volta a partir de material non inglés (a maioría gaélicas). Até certo punto, este traballo superpúxose coas recompilacións publicadas por William Forbes Skene en Chronicles of the Picts and Scots (Edimburgo, 1867), pero o de Anderson difire do de Skene en que foron traducidas ó inglés.

Anos de ler manuscritos difíciles baixo a escasa luz foron quizais a causa da falta de visión de Anderson, e durante un longo período de tempo, confiou nunha estudante graduada (posteriormente a súa muller) Marjorie Cunningham para facer os traballos de lectura. Morreu o 9 de decembro de 1958.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Anderson, Alan Orr, Early Sources of Scottish History: AD 500–1286, 2 vols, Edimburgo: Oliver & Boyd, 1922; republicado, Marjorie Anderson (ed.) Stamford, 1990
  • Anderson, Alan Orr, Scottish Annals from English Chroniclers: AD 500–1286, Londres: David Nutt, 1908; republicado, Marjorie Anderson (ed.) Stamford, 1991
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alan_Orr_Anderson&oldid=4779260"