Alberto Avendaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alberto Avendaño
Nacemento30 de xullo de 1957
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióntradutor, xornalista e escritor
CónxuxeZunilda Garro
editar datos en Wikidata ]

Alberto Avendaño Prieto, nado en Vigo o 30 de xullo de 1957, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xunto con Manuel M. Romón e Antón Reixa fundou o Grupo Rompente (1976-1982). Estudou Filoloxía Xermánica na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como profesor de inglés, como tradutor, actor e director de dobraxe para televisión. Viviu en Barcelona, Londres, Dublín, e Milán, desde onde colaborou para a prensa galega. Recibiu dous premios, o Barco de Vapor de narrativa infantil e xuvenil, e un premio internacional de Tradución pola tradución ó galego da novela de E.A. Poe. Arthur Gordon Pym.

Traballou para a Radio e Televisión de Galicia conducindo e dirixindo programas informativos e magazines como Crocante en 1990. Como xornalista entrevistou a importantes figuras da política e da cultura: Rafael Alberti, Severo Ochoa, Fidel Castro... a mandatarios latinoamericanos e a estrelas da canción. En decembro de 1991 trasladouse a vivir a Texas, onde se licenciou Magna cum laude en Xornalismo pola Texas Tech University. En 1998 chegou a Bethesda, Maryland, nas aforas de Washington, D.C.. Foi lector de Lingua e Literatura española na Johns Hopkins University en Baltimore, ata o ano 2000. A finais dese ano foi director do semanario El Tiempo Latino.[1]

En 2001 estableceu unha alianza co diario The Washington Post e o 17 de maio de 2004 a compañía do Post comprou a publicación nomeando a Avendaño director xeral de El Tiempo Latino. Avendaño e a publicación que dirixe ten recibido numerosos premios nacionais de xornalismo en español nos Estados Unidos de América.[Cómpre referencia]

Ademais de tradutor de Roald Dahl, Edgar Allan Poe e John Millington Synge, entre outros, Avendaño é autor de dous manuais sobre medios de comunicación e un habitual colaborador dalgúns medios electrónicos en español e inglés nos Estados Unidos.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • E outras historias, 1989, Galaxia.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alberto_Avendaño&oldid=5131800"