Alberto Casal Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para outros persoeiros de nome semellante, véxase Alberto Casal
Alberto Casal Rivas
Nacemento1921
 Becerreá
Falecemento6 de marzo de 2014
 Gondomar
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónnotario
editar datos en Wikidata ]

Alberto Casal Rivas, nado en Becerreá en 1921 e falecido en Gondomar o 6 de marzo de 2014, foi un notario e valedor das artes e da cultura galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo e neto de notario, Alberto Casal marchou de pequeno seguindo o seu pai a diversos lugares de España. Licenciouse en Dereito e abriu despacho de notario en Vigo en 1950, cidade onde exercería durante toda a súa vida. O seu despacho estivo na Rúa Reconquista, 9, ao pé do local que ocupaba a Editorial Galaxia e na zona de maior actividade financeira da cidade.

Pero o labor de Casal foi relevante sobre todo no seu papel como promotor de proxectos e iniciativas culturais. Amigo de infancia de Álvaro Cunqueiro, participou na creación de Galaxia en 1950, pois foi no seu despacho onde se asinaron as actas de constitución. Conselleiro delegado de Faro de Vigo durante dúas décadas, animou a Cunqueiro a trasladarse á cidade olívica e incorporarse ao cadro de empregados do xornal. A Casal dedicoulle Cunqueiro o Merlín e familia (1955). Tamén foi conselleiro delegado durante catro décadas da empresa editora de El Correo Gallego.

En Vigo, Casal forma parte dun grupo de intelectuais, con Cunqueiro, Xosé María Castroviejo, Xosé María Álvarez Blázquez ou Darío Álvarez Blázquez que se reúnen con frecuencia, moi próximos ao grupo que xermolou arredor de Galaxia. Logo da súa xubilación instalouse en Gondomar.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961), colección da correspondencia entre Cunqueiro e Casal, editada por Luís Cochón.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alberto_Casal_Rivas&oldid=4776119"