Alberto Noguerol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concello de Cangas.
Biblioteca no Campus de Vigo.

Alberto Noguerol del Río, nado en Callobre (Miño) o 12 de xaneiro de 1943, é un arquitecto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arquitecto dende 1974, ano no que se licenciou na ETSA de Barcelona. No ano 1980 crea o estudio de Arquitectura Noguerolydiez xunto coa súa esposa, Pilar Díez Vázquez, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona. Alberto Noguerol comeza a súa andaina docente na Escola de Barcelona como profesor de Proxectos entre os anos 1978 e 1986. Dende entón impartiu clases de Proxectos na ETSA Coruña ata o 2013. Dende o 1980 numerosas exposicións, catálogos, guías de arquitectura, libros e publicacións varias teñen prestado atención á súa obra e ás súas propostas.

O seu traballo caracterízase formalmente polo emprego dunha enorme simplicidade volumétrica e visual, herdeira da tradición primeira da arquitectura do século XX.[1]

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1997. Premio para o Concello de Cangas na Bienal de arquitectura española.
  • 2001. Premio para a Biblioteca da Universidade de Vigo na Bienal de arquitectura española.
  • 2004. Premio para a Facultade de filoloxía e a Biblioteca de Vigo na Bienal de Venecia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noguerol, A. Alberto Noguerol, Pilar Díez: works, 1980-1996. T6 ediciones. Pamplona, 1996.
  2. Noguerol y Díez
  3. Centro de Saúde de Os Mallos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Noguerol del Río, A. (1996) Alberto Noguerol, Pilar Díez: works, 1980-1996. Pamplona: Ed. T6 (en castelán) (en inglés).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alberto_Noguerol&oldid=4511772"