Albións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Situación aproximada da pobo dos Albións na provincia romana da Gallaecia.

Os albións ou albiones (latín: albioni) eran un pobo galaico da Gallaecia, comprendidos dentro do Convento xurídico lucense, que se situarían no territorio costeiro comprendido das marxes do Navia, no que na actualidade é a Asturias occidental.

Fontes e situación[editar | editar a fonte]

Os albións aparecen citados como gentes en Plinio o Vello, 4, 20,111 e indicando que vivían ao Oeste do río Navia; Claudio Tolomeo nomea o mesmo río como Navialbión, confirmando a situación deste grupo. A mais en Vegadeo, na desembocadura do río Eo, foi descuberta unha inscrición dedicada a Nicer, un "príncipe" dos albións (principis Albionum), o que dá pé a pensar que podían estenderse até este último río, no que, en último extremo, se atoparían cos egovarros, outro pobo galaico.

Ó seu territorio correspondería o castro de Coaña, que probablemente foi a súa capital.

Estela de Nicer

Outros[editar | editar a fonte]

O seu nome tense posto en relación co nome celta de Inglaterra: Albión.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Albións&oldid=4155629"