Alcalá de Henares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Alcalá de Henares
Flag of Alcalá de Henares.svg
Escudo de Alcalá de Henares.svg
Colexio Maior de San Ildefonso.
Catedral. Torre do Colexio de Málaga.
Pazo Arcebispal
Localización
España - Comunidad de Madrid - Alcalá de Henares.png
País España España
Comunidade autónoma Comunidade de Madrid Madrid
Provincia Madrid
Xeografía
Altitude 654 msnm
Superficie 88 km²
Demografía
Poboación 201.380 (INE 2006)
Densidade 2288,41
Xentilicio Alcalaíno/a
Outros datos
Código postal 28801 a 28807
Alcalde Javier Bello (PP)
www.ayto-alcaladehenares.es

Alcalá de Henares é unha cidade pertencente á Comunidade de Madrid (España). Está situada na Conca do Henares, o leste da rexión. Dista 34 km do centro da capital, 22 km da veciña Guadalaxara. É a capital da Comarca de Alcalá.

O seu nome significa «Castelo sobre o río Henares». É unha das cidades máis poboadas da Comunidade de Madrid e núcleo central do denominado Corredor do Henares, do cal a cidade é o motor e núcleo de referencia.

A súa creación remóntase a época romana, onde crearon unha vila chamada Complutum. Foi declarada Cidade Patrimonio Mundial pola Unesco en 1998. Grazas ao recinto histórico e o reitorado da Universidade, é unha das nove cidades de España que a Unesco clasificou como únicas. É famosa pola súa Universidade, construída grazas ao cardeal Cisneros o 13 de abril de 1499, pero logo da súa decadencia durante o século XVIII, mediante a Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse a súa supresión en Alcalá e traslado a Madrid, onde pasou a chamarse Universidade Central. Xurdiu co seu status actual en 1977, ao producirse o fenómeno de descentralización universitaria e constituírse como Universidade propia, o que a converteu novamente en Cidade Universitaria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alcalá_de_Henares&oldid=4378518"