Aldonza de Galicia e León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aldonza de Galicia e León
Nacemento1194
Falecemento1248
 Villabuena, León
NacionalidadeReino de León
Ocupaciónmonxa
PaiAfonso VIII de León e Galicia
NaiTareixa de Portugal, raíña de León
IrmánsUrraca Afonso de Leão, Berengária de Leão, Sancha de Galicia e León, Afonso, infante de Castela, Fernando III de Castela e Fernando Afonso
editar datos en Wikidata ]

Aldonza de Galicia e León (tamén escrito Aldonça segundo a grafía da época, ou Dulce), nada cara a 1195 e finada cara a 1245, foi unha nobre galega, raíña de Galiza e León de iure durante escaso período de tempo en 1230, en conxunto coa súa irmá máis vella Sancha II, aínda que de feito non exercese calquera funcións gobernativas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reinos de Galiza e León e de Castela e Toledo.

Aldonza era filla de Afonso VIII de Galiza e León e da súa primeira esposa, a princesa portuguesa Tareixa Sanches, filla do rei Sancho I de Portugal. Dese casamento resultou tamén o nacemento de máis unha filla, Sancha, e dun rapaz, Fernando (falecido en 1214), príncipe de Galiza e León, e quen tería sido herdeiro de Afonso VIII. Con todo, o matrimonio viría a ser declarado inválido polo Papa, en virtude da consanguinidade dos esposos. Afonso VIII volveu casar, por segunda vez, con Berenguela de Castela, da cal tivo, entre outros fillos, o futuro Fernando III de Castela. Tamén este casamento sería anulado.

Non obstante, en Castela, por morte de Henrique I, sucédelle no trono a súa irmá Berenguela, a cal pronto abdicou en favor do fillo, Fernando III (1217). Afonso VIII, como rei consorte de Castela polo casamento con Berenguela, esixiu os dereitos de rei que Berenguela unilateralmente lle concedera ao seu fillo, provocando isto un conflito bélico que finalmente remataría o 26 de agosto de 1218, nun pacto asinado en Toro, e no que pai e fillo selaban as paces definitivamente. Por ese pacto, prevíase que ambos os soberanos renunciarían perpetua e mutuamente á coroa do outro reino, así Afonso VIII abandonaba os seus dereitos como rei consorte de Castela, e Fernando III non podería reclamar o goberno dos reinos de Galiza e León.

Efectivamente, ao morrer (1230), Afonso VIII lega os reinos en testamento ás súas fillas Aldonza I e Sancha II. Non obstante aproveitando a febleza política do momento, e rompendo o tratado de Toro, Fernando III, instigado pola súa nai así coma polos sectores aristocráticos do reino de Castela, decídese a usurpar os reinos de Galiza e León ás súas irmás, coa fin de incorporalos ós seus dominios. Tras un convulso momento bélico entre os leais a Aldonza e Sancha, e os seguidores de Fernando III, a maioría da aristocracia leonesa así coma o clero galego-leonés decántase pola unión con Castela a cambio de terras e favores.

Baixo a ameaza de guerra e con defensores do rei castelán no propio reino, Fernando III conseguiu premer para que as dúas herdeiras do primeiro casamento do pai renunciasen ao trono no seu favor, en troco dunha significativa contía en diñeiro, foi o que se chamou o «Tratado das Tercerias». Desta forma uníronse durante un tempo e por primeira vez os reinos de Galiza e León con Castela e Toledo na persoa de Fernando III, pasando Castela a deter a hexemonía no conxunto dos reinos, e máis tarde motivado pola súa grande extensión acadada, na Península Ibérica.

Aldonza decidiu entón acompañar a súa nai para Portugal, téndose recollido con ela ao mosteiro do Lorvão, onde viría a falecer cerca de 1243.

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Raimundo de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
8. Afonso VII o Emperador
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Urraca de León
 
 
 
 
 
 
 
4. Fernando II de Galiza e León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Ramón Berenguer III de Barcelona (=28)
 
 
 
 
 
 
 
9. Berengaria de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Dulce de Provenza (=29)
 
 
 
 
 
 
 
2. Afonso VIII de Galiza e León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Henrique de Borgoña (=24)
 
 
 
 
 
 
 
10. Afonso I de Portugal (=12)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Tareixa de León (=25)
 
 
 
 
 
 
 
5. Urraca de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Amadeu III de Savoia (=26)
 
 
 
 
 
 
 
11. Mafalda de Savoia (=13)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Matilde de Albon (=27)
 
 
 
 
 
 
 
1. Aldonza de Galiza e León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Henrique de Borgoña (=20)
 
 
 
 
 
 
 
12. Afonso I de Portugal (=10)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Tareixa de León (=21)
 
 
 
 
 
 
 
6. Sancho I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Amadeu III de Savoia (=22)
 
 
 
 
 
 
 
13. Mafalda de Savoia (=11)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Matilde de Albon (=23)
 
 
 
 
 
 
 
3. Tareixa de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Ramón Berenguer III de Barcelona (=18)
 
 
 
 
 
 
 
14. Ramón Berenguer IV de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Dulce de Provenza (=19)
 
 
 
 
 
 
 
7. Dulce de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Ramiro II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
15. Petronila de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Inés de Poitou
 
 
 
 
 
 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Aldonza de Galicia e León
Nacemento: c. 1194 Falecemento: 1248


Títulos Reais
Precedido por
Afonso VIII


Raíña de Galiza
de iure
1230
(con Sancha)
Sucedido  por
Fernando III
Raíña de León
de iure
1230
(con Sancha)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aldonza_de_Galicia_e_León&oldid=4992539"