Alejo Carpentier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alejo Carpentier
Alejocarpentier.jpg
Nacemento26 de decembro de 1904
 Lausana, Suíza
Falecemento24 de abril de 1980
 París
Causacancro
SoterradoColon Cemetery, Havana
NacionalidadeCuba
EtniaCubanos
OcupaciónNovelista
Coñecido/a porThe Kingdom of this World e Explosion in a Cathedral
PremiosPremio Miguel de Cervantes, Prix mondial Cino Del Duca e Prémio Médicis estrangeiro
editar datos en Wikidata ]

Alejo Carpentier Valmont, nado o 26 de decembro de 1904 e finado o 24 de abril de 1980, foi un novelista e narrador cubano que influíu notablemente na Literatura latinoamericana desde mediados do século XX en adiante.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Está considerado un dos artífices da renovación da literatura latinoamericana, particularmente a través do seu estilo, incorporando todas as dimensións posibles da imaxinación (soños, mitos, maxia e relixión) na súa concepción da realidade literaria. Foi proposto para o Premio Nobel de Literatura.

Foi amais xornalista e musicólogo, sendo esta, a música, a súa meirande paixón; a pesar de ter sido a literatura a que le deu sona a nivel mundial.

Obra[editar | editar a fonte]

Carpentier deixou unha obra que principalmente se desenvolve no relato, o ensaio e a novela, sendo esta última se cadra a máis cultivada. Ten o seu cumio na obra que leva por título El Siglo de las Luces, traducida a diversas linguas e considerada pola crítica coma unha obra mestra.

Títulos en castelán[editar | editar a fonte]

  • ¡Écue-Yamba-O! (1933).
  • El reino de este mundo (1949).
  • Los pasos perdidos (1953).
  • Guerra del tiempo (1956).
  • El acoso (1958).
  • El Siglo de las Luces (1962).
  • El recurso del método (1974).
  • Concierto barroco (1974).
  • El arpa y la sombra (1978).
  • La consagración de la primavera (1978).
  • Visión de América.
  • Los advertidos (relato).
  • Semejante la noche (relato).
  • Viaje a la semilla (relato).
  • Los fugitivos (relato).

Libreto de Ópera[editar | editar a fonte]

  • Manita en el suelo, música de Alejandro García Caturla.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Cortázar: Apuntes para un documental, dirección de Eduardo Montes-Bradley, Arxentina, 2001 (Participación mínima).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alejo_Carpentier&oldid=4843526"