Aleksandr Mikhailovich Prokhorov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aleksandr Mikhailovich Prokhorov
Nobel prize medal.svg
Aleksandr Prokhorov.jpg
Nacemento 11 de xullo de 1916
  Atherton
Falecemento 8 de xaneiro de 2002
  Moscova
Soterrado cemiterio Novodevichii
Nacionalidade Unión Soviética e Rusia
Educado en sen etiquetar
Ocupación físico, catedrático de universidade e editor
Premios Premio Estatal da URSS, Orde de Lenin, Medalha "Pela vitória sobre a Alemanha na Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Heroe do Traballo Socialista, Ordem da Guerra Patriótica 1ª classe, Premio Nobel de Física, Order "For Merit to the Fatherland" II class, Premio Lenin, Medal "For Courage", Medal "Veteran of Labour", Medalha de Ouro Lomonossov, Medalla conmemorativa do 850 aniversario de Moscova, Medalha Helmholtz, Medalha Frederic Ives, Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Council of Ministers of the Soviet Union Prize, Prêmio Demidov e Russian government award for science and technology
editar datos en Wikidata ]

Aleksandr Mikhailovich Prokhorov[1] (en ruso: Александр Михайлович Прохоров), nado en Atherton (Australia) o 11 de xullo de 1916 e finado en Moscova 8 de xaneiro de 2002, foi un físico e profesor universitario soviético galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1964.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Australia, nunha familia de inmigrantes rusos. Os seus pais volveron á Unión Soviética en 1923. En xuño de 1941, empezou o seu servizo no Exército Vermello. Participou na Segunda Guerra Mundial e foi ferido dúas veces. Logo da súa segunda ferida en 1944, foi desmobilizado.

Prokhorov foi físico e profesor na Universidade Estatal de Moscova. En 1964 compartiu o Premio Nobel de Física con Nikolai Basov e Charles Hard Townes, polo seu traballo pioneiro en láseres e máseres. Foi editor en xefe da Grande Enciclopedia Soviética desde 1969. Desde 1973 e ata 2001 Prokhorov foi presidente do Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova.

Despois da súa morte a Instituto de Física Xeral a Academia de Ciencias de Rusia foi renomeada por Instituto de Física Xeral A. M. Prokhorov da Academia de Ciencias de Rusia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén romanizado como Alexander Prochorow.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aleksandr_Mikhailovich_Prokhorov&oldid=4940586"