Alemáns do Volga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estatua comemorativa dunha familia de pioneiros alemáns do Volga en Victoria, Kansas, nos Estados Unidos de América.
Mapa da RSS Autónoma dos Alemáns do Volga entre 1924 e 1941.
Bandeiras da Arxentina, da Provincia de Buenos Aires e de Alemaña fronte á igrexa da colonia San José de Coronel Suárez ou Colonia Dos.

Os alemáns do Volga (en alemán Wolgadeutsche ou Russlanddeutsche, «alemáns de Rusia»; en ruso Поволжские немцы, Povólzhskie nemtsy) foron alemáns étnicos que vivían nas proximidades do río Volga na rexión europea meridional de Rusia, arredor de Saratov e cara ao sur. Preservaron a lingua e a cultura alemás, as súas tradicións e igrexas, todas cristiás: católicos, protestantes luteranos e menonitas. Numerosos alemáns do Volga emigraron aos Estados Unidos, Canadá, Brasil, Arxentina e outros países nos finais do século XIX e os principios do século XX. Sobre o fin do século XX, moitos dos que aínda quedaban nos territorios da Unión Soviética emigraron e asentáronse en Alemaña.

Historia[editar | editar a fonte]

Os alemáns do Volga sumáronse ao programa bolxevique no 18 de outubro de 1918 e xurdiu así unha comuna de traballadores que foi o inicio do territorio autónomo dos Alemáns do Volga que logo foi fundado o 19 de xullo de 1919.

En febreiro de 1924 fórmase a República Socialista Soviética Autónoma dos Alemáns do Volga (en alemán Autonome Sozialistische Sowjet-Republik der Wolga-Deutschen, ASSRWD; en ruso Автономная Советская Социалистическая Республика Немцев Поволжья). A capital foi Engels.

En setembro de 1941 a república foi disolta e os seus habitantes alemáns foron deportados e foron acusados de colaboración cos nazis. O seu territorio foi repartido entre as provincias (óblasts) de Saratov e Stalingrado (despois Volgogrado). Dos máis de 600 000 habitantes que tiña o territorio, uns 450 000 eran alemáns.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Felipe Fernández-Armesto (1996) Los hijos de Zeus Grijalbo Barcelona
  • I.P Tsamerian (1961) L'egalité des droits entre races et nationalités en URSS UNESCO, París
  • Vicent Partal (1991) La revolta nacionalista a l'URSS Tres i quatre, Valencia
  • Vicent Partal (1988) Els nacionalistes a l'URSS El Llamp, Barcelona
  • COURTOIS, Stephane; WERTH, Nicolas; PANNÉ, Jean Louis; PACZKOWSKI, Andrezj; BARTOSEK, Karel; MARGOLIN, Jean-Lo (1998) El libro negro del Comunismo Espasa-Planeta, Barcelona
  • Ann Sheehy & Bohdan Nahaylo The crimean tatars, volga germans and meshketians a MINORITY RIGHTS GROUP, report n. 6, Londres 1982
  • Charles Urjewicz De l'URSS a la CEI a Anuario CIDOB 1991. Barcelona
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alemáns_do_Volga&oldid=4788490"