Alex Olah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alex Olah
Leite Río Breogán
Pivote
Información persoal
Nacemento 15 de outubro de 1993 (25 anos)
Romanía Timișoara, Romanía
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 120 kg (265 lb)
Información da carreira
Universidade Northwestern (2012–2016)
NBA Draft 2016 / Rolda: Non drafteado
Internacional Romanía Romanía
Carreira 2016−presente
Historial de equipos
Belfius Mons-Hainaut (2016–2017) PBL
U Cluj-Napoca (2017) Liga Națională
Zorg en Zekerheid Leiden (2018) DBL
Kangoeroes Mechelen (2018−2019) PBL
Leite Río Breogán (2019– ) LEB

Alexandru Lucian Olah, máis coñecido como Alex Olah, nado o 15 de outubro de 1993 en Timișoara, Condado de Timiș, é un xogador profesional de baloncesto internacional romanés. Formado na universidade de Northwestern, cunha altura de 2,13 m xoga na posición de pivote. Actualmente xoga para o Leite Río Breogán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Timișoara, no Condado de Timiș, Olah formouse na Universidade Northwestern, onde competiu cos Wildcats da Conferencia Big Ten da NCAA. En catro temporadas no baloncesto universtario estadounidense fixo unha media de 9,5 puntos, 5,1 rebotes, 1,4 asistencias e 1,5 tapones por xogo.[1] Após non ser elixido no Draft da NBA de 2016, xogou as Ligas de Verán da NBA cos New Orleans Pelicans, onde fixo unha media de 6,5 puntos e 2,5 rebotes nos catro xogos que disputou. No mes de xullo asinou o seu primeiro contrato profesional cos Belfius Mons-Hainaut da Pro Basketball League, a máxima categoría do baloncesto belga. Na súa única temporada no equipo fixo unha media de 10,7 puntos e 5,3 rebotes por encontro. En xullo de 2017 regresou ao seu país para asinar polo U-BT Cluj-Napoca, mais tan só xogou cinco encontros, onde fixo 5,5 puntos e 6,0 rebotes por xogo.​ En febreiro de 2018, fichou polo ZZ Leiden da Dutch Basketball League até final de temporada. Alí disputou 29 partidos onde fixo unha media de 7,4 puntos e 4,2 rebotes. Na temporada 2018−19 regresa a Bélxica onde xoga para o Kangoeroes Mechelen, onde fai unha media de 12,1 puntos e 6,8 rebotes en 38 xogos, cun acerto do 57,5% en tiros de campo e un 87,2% en tiros libres.[2] O 28 de agosto de 2019 anúnciase a súa incorporación ao Club Baloncesto Breogán, onde chega para suplir a Aleksandar Marcius tras non superar o recoñecemento médico do club lucense.

Clubs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alexandru Olah Stats". sports-reference.com. 
  2. "O Leite Río Breogán incorpora ao center Alex Olah". C.B. Breogán. 28 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alex_Olah&oldid=5236022"