Alexandre Nevski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alexandre Nevski
AlexanderNevski.jpg
Icona de Alexandre Nevski
Nacemento 13 de maio de 1220
  Pereslavl-Zalessky
Falecemento 14 de novembro de 1263
  Gorodets
Causa Pneumonía
Soterrado Monastério Alexandre Nevsky
Relixión Cristianismo ortodoxo
Ocupación explorador
Pai Yaroslav II of Vladimir
Nai sen etiquetar
Cónxuxe Alexandra Brachyslavna
Fillos Dmitry of Pereslavl, Andrey of Gorodets, Daniel da Rússia e Vassili Aleksandrovitch
Irmáns Andrey II of Vladimir, Yaroslav of Tver, Vasily of Kostroma e Mikhail Khorobrit
editar datos en Wikidata ]

Alexandre Nevski nado o 30 de maio de 1220 e finado o 14 de novembro de 1263. Foi Gran Príncipe de Novgorod e Vladímir.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do Gran Príncipe Yaroslav, liderou aos rusos na batalla do río Neva en 1240, onde derrotou de xeito decisivo aos suecos no seu intento de invadir Rusia. O alcume Nevski fai memoria desa vitoria fundamental. Atallou tamén cun exército de infantería a carga da famosa cabalería de Orde Teutónica na batalla do lago Peipus, onde infrinxiu unha abraiante derrota aos cabaleiros teutóns.

Ante a ameaza mongol, soubo concitar habilmente as simpatías da dinastía de Jochi, apesares de terse negado a realizar a cerimonia de homenaxe aos devanceiros mongois. Consistía esta cerimonia en camiñar entre lumes e prostrarse ante a efixie dos antepasados dos invasores. Nevski respondeu con enteireza que el só se prostraba perante o Deus de Xesúscristo. Chegou a ter unha grande amizade con Sartaq, o fillo de Batu Khan, quen o puxo ao fronte de Vladimir.

Distinguiuse polo seu goberno xusto e prudente e a defensa do feble e o desvalido. As súas relacións de vasalaxe cara a Horda de Ouro permitíronlle evitar a aniquilación da civilización rusa.

Significación[editar | editar a fonte]

Está considerado como un dos pais da patria rusa. Catarina I de Rusia creou a Imperial Orde de Alexandre Nevski o 21 de maio de 1752, como recoñecemento ao mérito patriótico e militar. Paradoxalmente os soviéticos, ameazados polo avance do exército nazi en 1942, recuperaron esta condecoración.

A Igrexa Ortodoxa venérao como santo.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alexandre_Nevski&oldid=4941596"