1000 12/16

Alfabeto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Historia do alfabeto

Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa
A Specimen by William Caslon.jpg

Alfabeto (chegou dende o latín, mais procede do grego alphabetos, -ou, formado a partir das dúas primeiras letras, alpha e beta[1]) denota o conxunto organizado de letras e tamén un sistema de escrita, o máis común no mundo occidental. Na primeira acepción é sinónimo de abecedario e na segunda úsase en contraposición co alifato ou o abxad consonánticos ou os silabarios, busca representacións fonemáticas, non sempre biunívocas. Ten unha orde fixa, que se emprega por exemplo para a ordenación en dicionarios, enciclopedias ou glosarios en papel, ou en listados de cousas.

A palabra alfabeto provén das gregas alfa e beta, que designaban a primeira e segunda letra do seu alfabeto, correspondentes no alfabeto latino a a e b, respectivamente.

O alfabeto galego ten 23 letras (entre parénteses a denominación da letra): a (a), b (be), c (ce), d (de), e (e), f (efe), g (gue), h (hache), i (i), l (ele), m (eme), n (ene), ñ (eñe), o (o), p (pe), q (que), r (erre), s (ese), t (te), u (u), v (uve), x (xe), z (zeta).

Exemplos[editar | editar a fonte]

Como exemplos de "alfabetos" pódense ver os seguintes:

Alfabeto arábigo: ﺍ, ﺏ, ﺕ, ﺙ, ﺝ, ﺡ, ﺥ, ﺩ, ﺫ, ﺭ, ﺯ, ﺱ, ﺵ, ﺹ, ﺽ, ﻁ, ﻅ, ﻉ, ﻍ, ﻑ, ﻕ, ﻙ, ﻝ, ﻡ, ﻥ, هـ, ﻭ, ﻱ

Alfabeto cirílico: А, Б, В, Г, Ґ, Д, Е, Є, Ж, З, И, І, Ї, Й, К, Л, М, Н, О, П, Р, С, Т, У, Ф, Х, Ц, Ч, Ш, Щ, Ю, Я, Ъ, Ь, Ђ, Љ, Њ, Ћ, Џ

Alfabeto grego: Α, Β, Γ, Δ, Ε, Ζ, Η, Θ, Ι, Κ, Λ, Μ, Ν, Ξ, Ο, Π, Ρ, Σ, Τ, Υ, Φ, Χ, Ψ, Ω.

Alfabeto hebreo: א, ב, ג, ד, ה, ו, ז, ח, ט, י, כ, ל, מ, נ, ס, ע, פ, צ, ק, ר, ש, ת.

Alfabeto latino: A, B, C, D, E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, O, P, Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z.

Alfabetos máis coñecidos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Portal das palabras. "Alfabeto". Consultado o 19/9/2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alfabeto&oldid=5027350"