Alfonso Alcalá Martín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Alcalá Martín
Alfonso Alcalá Martín en Vida Gallega n 17. 30-3-1910.jpg
Nacementoanos 1870
 Galicia
Falecementodecembro de 1936
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Alfonso Alcalá Martín, nado na década de 1870 e finado en decembro de 1936[1], foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1909 asistiu ao parladoiro madrileño da cafetería Excelsior, onde naceu o movemento Acción Gallega. En 1910 colaborou co periódico Acción Gallega do que chegou a ser redactor-xefe en 1911. Os seus escritos tratan aspectos do caciquismo en xeral (cunerismo, reparticións de consumos etc.) e do caciquismo galego en particular (con reiteradas críticas ao bugallalismo). Tamén colaborou en Vida Gallega.[2][3] Neste mesmo ano, xunto con Basilio Álvarez, Luís Antón del Olmet e Rafael Carvajal, pasou a formar parte da redacción de El Debate. Intensificou a súa amizade con Basilio Álvarez e a súa integración total, como home de confianza daquel, no movemento de Acción Gallega. En Galicia, interviu nos acontecementos da comarca de Viana tomando parte, xunto con Basilio, nun mitin organizado polas sociedades agrícolas en Madrid, adhírese á Liga Agraria, Redencionista Gallega e asina a protesta por non situar en Santiago de Compostela unha cátedra de Literatura Galaico-Portuguesa. En 1911, solidarizándose coa actitude de Basilio Álvarez, renunciou con este ao seu posto de redactor de El Debate, acompañándoo a Galicia, onde participou en varios mitins de Acción Gallega e na III Asemblea de Monforte de Lemos. En 1912, reincorporado ao xornalismo madrileño, foi xefe de redacción de Acción Gallega na súa época máis radical, substituíndo a Eugenio López Aydillo. Tamén formou parte da Junta Central do movemento, sita en Madrid. Mantívose fiel á radicalización de Acción Gallega ata as escisións da fronte madrileña do movemento de 1914, cando naceu un novo portavoz xornalístico. Desvinculado xa do agrarismo, traballou en El Mundo.

Foi correspondente da Real Academia Galega.

En 1934 foi procesado por inxurias a un vocal do Tribunal de Garantías con motivo do anuncio do libro El Rasputín gallego, pero resultou absolto.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Recesvinta Securun Orga en 1915.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alfonso_Alcalá_Martín&oldid=4639488"