Alfonso Armada Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Armada Rodríguez
Alfonso Armada (cropped).jpeg
Nome completoAlfonso Armada Rodríguez
Nacemento12 de setembro de 1958 12 de setembro de 1958 (60 anos)
 Vigo Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e RESAD
Ocupaciónxornalista e escritor
XénerosNarrativa e poesía
Coñecido/a porsen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Alfonso Armada Rodríguez, nado en Vigo o 12 de setembro de 1958, é un xornalista e escritor galego en lingua castelá e en lingua galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e en interpretación pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Foi correspondente para África de El País e subdirector da revista Teatra. Dirixiu a compañía de teatro Koyaanisqatsi, coa que estreou varias obras da súa autoría. Participou como actor na curtametraxe Os paxaros morren no aire (1977) e na longametraxe Eu, o tolo (1979) de Chano Piñeiro. Foi durante seis anos correspondente de ABC en Nova York.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Mar Atlántico. Diario dunha travesía (2012, Alento).

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

  • Cuadernos africanos (1999 e 2002).
  • España, de sol a sol (2001), con fotografías de Corina Arranz.
  • El rumor de la frontera (2006), coa fotógrafa Corina Arranz. Viaxe ó largo da fronteira entre Estados Unidos e México.
  • Nueva York, el deseo y la quimera (2007).
  • El sueño americano. Cuaderno de viaje a la elección de Obama (2009).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Francisco de Quevedo de poesía do concello de Madrid polo libro Fracaso de Tánger.
  • Premio Ojo Crítico de Teatro de Radio Nacional de España por El alma de los objetos (1997).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alfonso_Armada_Rodríguez&oldid=4989564"