Alfonso Ortega Prada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Alfonso Ortega Prada
Nacemento 17 de maio de 1902
  San Justo
Falecemento 3 de xaneiro de 1944
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Alfonso José Agustín Ortega Prada, nado en San Justo (Zamora) o 17 de maio de 1902 e finado o 3 de xaneiro de 1944, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito de José Ortega Pérez, de Cádavos, e Resurrección Prada Alonso. Estudou na Escola de Primeiras Letras das Ermidas e máis tarde entrou no Seminario de Astorga, onde completou os estudos. Alí fixo amizade con Clemente Fernández Lorenzo. Traballou no Bierzo levando o economato dunha empresa carbonífera ata o seu traslado a Madrid. En 1930 regresou a Galicia como representante comercial de Licores Méndez. Dous anos despois rematou a construción da súa casa en Xares. Militante socialista, dende setembro de 1933 foi secretario da Sociedade Agraria de Xares, adscrita a UGT, e dende febreiro de 1936 oficial primeiro do concello da Veiga. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte onde logo de dous anos de fuxida e tras adoptar unha identidade falsa logrou sobrevivir. Disfrazado de xornaleiro andivo polas vilas sobrevivindo. En 1943 tentou montar un serradoiro en Toural dos Vaos. Cando viaxaba a Brañuelas morreu nun accidente ferroviario.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Generosa Lorenzo Escuredo en Matarrosa del Sil o 26 de novembro de 1926.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ortega Prada, Alfonso (2007). Fundación Luís Tilve, ed. Memorias. ISBN 84-95773-03-1. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alfonso_Ortega_Prada&oldid=4887838"