Alfonso Vázquez Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Vázquez Martínez
Alfonso Vázquez Martínez en 1961.jpg
Nacemento10 de xuño de 1906
 Arbo
Falecemento11 de novembro de 1976
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador
editar datos en Wikidata ]

Alfonso Vázquez Martínez, nado en Arbo o 10 de xuño de 1906 e finado en Santiago de Compostela o 11 de novembro de 1976, foi un historiador e publicista galego, que colaborou amplamente no Seminario de Estudos Galegos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a súa carreira profesional compatibilizou a docencia (foi profesor auxiliar de paleografía e diplomática na USC, e catedrático no Instituto Escola de Vilalba (1934-1936 sendo o seu primeiro director), e en Ourense) coa investigación e centrouse sobre todo na Comarca do Medio e Baixo Miño. Colaborou coa revista Nós e noutras revistas especializadas, e publicou o ensaio La lamprea del río Miño (1962). Participou tamén no emisión galega na BBC levada a cabo durante o franquismo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Biografía de Don Mauricio Troncoso y Sotomayor. Abad de Villar de Crecente e del Couto. Guerrillero gallego de la Independencia: 1771-1817, 1941.
  • Documentos pontificios de Galicia: 1088-1341, 1941.
  • El abad de Valladares: D. Juan Rosendo Arias Enríquez, 1956.
  • Cartas de Felipe II al Licenciado Antolínez: 1579-1586, 1975.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alfonso_Vázquez_Martínez&oldid=4695578"