Alfonso Vilar Lamelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Vilar Lamelas
Nacemento15 de setembro de 1927
 Rouxique, Vilalonga, Sanxenxo
Falecemento24 de xaneiro de 2011
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Educado enReal Academia de Belas Artes de San Fernando
Ocupaciónescultor
Alfonso Vilar. Firma.jpg
editar datos en Wikidata ]

Alfonso Vilar Lamelas, nado en Rouxique (Vilalonga, Sanxenxo) o 15 de setembro do 1927 e finado en Pontevedra o 24 de xaneiro de 2011, foi un escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa andaina artística grazas a unha bolsa concedida pola Deputación de Pontevedra. Na súa estadía en Santiago de Compostela foi alumno de Francisco Asorey. Tamén estudou na Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid, coincidindo cos escultores Juán Cristóbal e Enrique Pérez Comendador. Foi un dos promotores da Escola de Canteiros de Poio. Aínda que destacou como escultor, sendo un dos máis destacados na Galicia do século XX, tamén cultivou a pintura e outras formas de expresión artística.

De estilo clásico, realista e con trazos expresionistas, a súa escultura é unha mestura do clasicismo rexionalista galego do século XIX, as vangardas dos anos trinta e as tendencias escultóricas de posguerra aprendidas na súa etapa en Madrid da década de 1950.

Ademais da escultura funeraria tamén abordou os retratos e a temática mariñeira. As súas numerosas obras públicas son un bo exemplo do seu traballo.

Obra pública (Selección)[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Escultura Urbana. (Revista Dixital). ISSN 1988-5954
  • Gallego Esperanza, Mª de las Mercedes (1996). La Escultura Pública en Pontevedra. Pontevedra: Diputación Provincial. ISBN 84-88363-35-4. 
  • Vázquez Xil, Lalo (1998). Historia dos Monumentos de Vigo. Vigo: Concelleria de Cultura, Educación e Muller. Concello de Vigo. ISBN 8487636248. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alfonso_Vilar_Lamelas&oldid=4843640"