Alfred Gusenbauer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfred Gusenbauer
Alfred Gusenbauer
Alfred Gusenbauer
Datos persoais
Nacemento8 de febreiro de 1960
LugarSankt Pölten, Baixa Austria
OrganizaciónPartido Socialdemócrata de Austria (SPÖ)
ProfesiónDoutor en ciencias políticas

Dr. Alfred Gusenbauer (Sankt Pölten, Baixa Austria 1960), político, é o actual líder do SPÖ (Partido Socialdemócrata de Austria), dende o 2000. É chanceler de Austria, dende o 11 de xaneiro de 2007, trala vitoria do SPÖ nas eleccións do 1 de outubro de 2006.

Mocidade e estudos[editar | editar a fonte]

Naceu o 8 de febreiro de 1960 en Sankt Pölten, na rexión da Baixa Austria, unha rexión situada ó leste de Austria. Tras cursa-los seus estudos en Wieselburg, estudiará ciencias políticas, filosofía e xurisprudencia, na Universidade de Viena, onde se doutourou en ciencias políticas.

Política[editar | editar a fonte]

No 2000 foi nomeado Presidente do SPÖ, sucedendo a Viktor Klima.

Chanceler de Austria (2007 - actualidade)[editar | editar a fonte]

Nas eleccións lexislativas do 1 de outubro de 2006, Gusenbauer gañou, pero sen obte-la maioría absoluta. Tras moitos acordos, conseguiu a coalición co Partido Popular de Austria (ÖVP), deste xeito puido ser nomeado Chanceler de Austria o 11 de xaneiro do 2007.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alfred_Gusenbauer&oldid=4816269"