Alfredo Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Alfredo Conde Cid
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Alfredo Conde 050503.JPG
Alfredo Conde nunha conferencia na Estrada (2005)
Nacemento 6 de xaneiro de 1945
Lugar Allariz
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación escritor, político e poeta
Xéneros Narrativa
Premios Premio Nadal e Premio Nacional de Narrativa
editar datos en Wikidata ]

Alfredo Conde Cid, nado en Allariz o 6 de xaneiro de 1945, é un escritor e político galego en lingua galega e máis tarde exclusivamente en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia galeguista de clase media.[Cómpre referencia] Estudou náutica na Escola Superior de Náutica da Coruña e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como mariño mercante e tamén como profesor de historia nun colexio privado.

En 1973 foi cofundador, con outros oito socios (José Luis Llácer, Margariña Valderrama, María Victoria Moreno, Blanca Varona, Ramón Yuste, Carmen María Echarre, Paco Gulías e Javier Yuste) da librería Xuntanza, na rúa Andrés Muruais de Pontevedra, que pechou en 1976 polas débedas.[1][2]

Foi deputado no Parlamento de Galicia como independente no grupo do PSdeG (1981-1993) e conselleiro de cultura con Fernando González Laxe (1987-1990). Foi o primeiro presidente do PEN Clube de Galicia (1990-1991).

A súa primeira obra foi o poemario Mencer de lúas (1968), pero Alfredo Conde é coñecido sobre todo pola súa obra narrativa que comeza en 1974 co libro de relatos Mementos de vivos.

Deixei de escribir en galego porque me dei de conta de que levaba vinte anos facendo o parvo, de que non se me quere e de que non teño amigos. […] Agora todo é mercado, a excelencia non pinta nada […] O que acontece é que preciso tempo e cartos. Paréceme un cachondeo que me traduzan do castelán, fareino eu cando teña tempo.[3]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Un detalle deste cadro de Arturo Fernández Cersa empregouse para ilustrar a portada de María das Batallas, Galaxia, 2007.[4]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Mencer de lúas (1968, Galaxia)
  • ColeccionAN. 69 poemas de amor (2014, Trifolium, edición bilingüe galego-castelán)

Conversas[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Os novísimos da poesía galega (1973, Akal)
  • Contos da xustiza (1991, Ir Indo)
  • Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN (1993, Xunta de Galicia/PEN Clube)
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais)
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega)
  • Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia)
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais)
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora)
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Concello de Pontevedra/Galaxia)

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Los otros días (1991)
  • Cubita, la bella (1992, Biblioteca 114, El Correo Gallego)
  • Azul cobalto. Historia posible del Marqués de Sargadelos (2001, Edhasa)
  • María de las batallas (2008)
  • Huesos de santo (2010)
  • El beato (2016)

Premios pola súa obra en galego[editar | editar a fonte]

Premios pola súa obra en castelán[editar | editar a fonte]

  • Premio Nadal no 1991, por Los otros días.
  • Premio Ateneo-Ciudad de Valladolid 2016 por El beato[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Alejandrino Fernández Barreiro
 Escudo de Galicia.svg
conselleiro de Cultura
 
1987-1990
Sucesor:
Daniel Barata Quintas
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alfredo_Conde&oldid=4727745"