Alfredo Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfredo Pérez
Posición Alero
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Nacemento 12 de xuño de 1949 (70 anos)
Flag of Spain.svg Madrid, España
Carreira
Tempadas 19671978
Canteira Vallehermoso Madrid
Equipo(s)
  • Flag of Spain.svg Vallehormoso Madrid (1967–1968)
  • Flag of Galicia.svg Bosco Coruña (1968–1969)
  • Flag of Spain.svg Mataró (1969–1970)
  • Flag of Galicia.svg Breogán (1970–1977)
  • Flag of Galicia.svg Bosco Vigo (1977–1978)
Estatísticas (ACB)
Puntos     -
Asistencias     -
Rebotes     -
Premios
Adestrador

Alfredo Pérez Gómez, nado o 12 de xuño de 1949 en Madrid,[1]España, é un ex-xogador profesional de baloncesto español da década de 1970. Pasou case toda a súa carreira no Breogán de Lugo, onde foi dúas veces máximo anotador da Primeira División (hoxe ACB), sendo o último español en conseguilo até que na tampada 2006-07, trinta anos despois, o conseguise Juan Carlos Navarro. O seu fillo, Borja Pérez, foi tamén xogador profesional de baloncesto, chegando a xogar na ACB co Breogán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alfredo Pérez Gómez comezou a xogar ao baloncesto no colexio Buen Consejo de Madrid, dende onde pasou a formar parte do Vallehermoso de Primeira División. O equipo acabou a liga na antepenúltima posición, tendo que xogar o playoff pola permanencia ante o Bosco da Coruña, saíndo o seu equipo derrotado. Con todo, o xogador chamou a atención dos coruñeses que se fixeron con el para a seguinte tempada. Ao ano seguinte xa no Bosco o equipo descende e ao finalizar a tempada recala no Mataró, onde non acabou de encaixar, volvendo ao ano seguinte a Galicia, esta vez ao recentemente ascendido Breogán de Lugo.[1]

No seu primeiro ano en Lugo conseguiu ser o máximo anotador da liga con 589 puntos, o que supoñía unha media de case 27 por partido. Repetiu o fito dous anos despois, con 705 puntos e 23,5 de media. Pérez seguiu no Breogán até 1977, marchando do club para xogar un ano máis, esta vez no Bosco de Vigo. Finalmente retirouse en 1978 con trinta anos. Ao ano seguinte, en 1979 volveu o brevemente ao Breogán, esta vez como adestrador, estando no club durante cinco meses onde só se perderon dous encontros. Finalmente deixa o club por motivos de traballo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alfredo_Pérez&oldid=5015833"