Algodoeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Algodoeiro (xénero Gossypium)
Leira de algodoeiros, cos froitos chegados e abertos.
Leira de algodoeiros, cos froitos chegados e abertos.
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Malvales
Familia: Malvaceae
Subfamilia: Malvoideae
Tribo: Gossypieae
Xénero: Gossypium
L., Sp. Pl., vol. 2, p. 693, 1753 [1]
Especies

Véxase no texto

Sinonimia
  • Erioxylum Rose & Standl.
  • Ingenhouzia DC.
  • Notoxylinon Lewton
  • Selera Ulbr.
  • Sturtia R.Br.
  • Thurberia A.Gray
  • Ultragossypium Roberty[1]

Flor de Gossypium darwinii

Algodoeiro é o nome vulgar dado ás especies do xénero botánico Gossypium L., da familia Malvaceae. Existen arredor de 40 especies, arbustivas, algunhas das cales son utilizadas para a produción da fibra téxtil coñecida coma algodón ou cotón. O xénero contén 60 taxones específicos e infra-específicos aceptados, dos case 380 descritos,[2] todos oriúndos das rexións tropicais e subtropicais tanto do Vello Mundo coma das Américas e unhas poucas foron introducidas en moitos outros sitios.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

  • Gossypium: do latín gossypǐŏn, -ǐi, o algodoeiro (Gossypium arboreum e Gossypium herbaceum). Aparece así na obra de Plinio o Vello, Naturalis Historia, 12, 21 e 19, 14. Ao este termo latino viría do árabe quoz, "materia sedosa" derivado de goz, "suave".[3]

En galego a planta recibe ademais do nome de algodoeiro o de algodón (nome reservado normalmente ao produto). Os termos galegos algodón e cotón virían do árabe. Algodón do árabe hispano: alquṭún (o cotón); cotón directamente do árabe clásico quṭn.

Descrición[editar | editar a fonte]

En estado salvaxe, os arbustos do algodoeiro atinxen até 7 m de altura. As follas son grandes, con tres, cinco (ou mesmo sete) lobos. As sementes están contidas nunha cápsula, estando cada unha envolvida nunha fibra felpuda designada polo vocábulo inglés lint (plural: linters). As especies máis utilizadas para fins comerciais son G. hirsutum (Estados Unidos e Australia), G. arboreum e G. herbaceum (Asia), e G. barbadense (Exipto). Os linters son, xeralmente brancos, mais existen tamén variedades de cor castaña ou verde que, para non contaminaren xeneticamente a variedade branca, teñen a súa plantación prohibida preto das grandes producións de algodón.

Sinonímia do xénero[editar | editar a fonte]

  • Erioxylum Rose & Standl.
  • Ingenhouzia DC.
  • Notoxylinon Lewton
  • Selera Ulbr.
  • Sturtia R. Br.
  • Thurberia A. Gray
  • Ultragossypium Roberty

Especies[editar | editar a fonte]

Especies utilizadas para fins téxtiles
  • Gossypium arboreum L. – Algodoeiro arbóreo, nativo da Asia meridional.
  • Gossypium barbadense L. – Algodoeiro exipcio, tamén designado como algodón crioulo ou algodón de Sea Island, nativo de América do Sur tropical.
  • Gossypium herbaceum L. – Algodoeiro asiático ou algodoeiro do levante, nativo do sur de África
  • Gossypium hirsutum L. – Algodoeiro das terras altas ou algodoeiro americano, nativo de América Central, do Caribe e do sur da Florida.
  • Gossypium vitifolium Lam. - cultivado nos Estados Unidos, México, Antillas e norte da América do Sur.
Outras especies de Gossypium
  • Gossypium sturtianum Willis – algodoeiro de Sturt, nativo de Australia.
  • Gossypium thurberi Tod. – algodoeiro salvaxe do Arizona, nativo do Arizona, Novo México e norte de México.
  • Gossypium tomentosum Nutt. ex Seem – Ma‘o ou algodoeiro do Hawai, especie endémica das illas do Hawai. O seu lint é curto e castaño avermellado, non sendo apropiado para a produción téxtil.
  • Lista completa

Clasificación do xénero[editar | editar a fonte]

Sistema Classificación Referencia
Linné Clase Monadelphia, orde Polyandria Species plantarum (1753)

Algodón.

Pragas e doenzas do algodoeiro[editar | editar a fonte]

Pragas[editar | editar a fonte]

Campo de algodón no Xardín Botánico de Sukhum, foto de arredor de 1912.
  • Bicudo do algodoeiro, Anthonomus grandis
  • Pulgón do algodón, Aphis gossypii
  • Lagarta do tomate, Helicoverpa armigera, e Lagarta australiana dos botóns de algodón Helicoverpa punctigera
  • Creontiades dilutus, un insecto que zuga o zume da planta
  • Ácaro-araña raiado, ácaro fiador raiado[4] ou ácaro raxado, Tetranychus urticae, T. ludeni (ácaro vermello) e T. lambi
  • Trips, Thrips tabaci e Frankliniella schultzei

Doenzas[editar | editar a fonte]

  • Mancha de Alternaria, causada por Alternaria macrospora e Alternaria alternata
  • Antracnose e ramulose, causada por Colletotrichum gossypii
  • Podremia negra da raíz, causada polo fungo Thielaviopsis basicola
  • Mancha bacteriana de Xanthomonas campestris pv. malvacearum
  • Podremia vermella da raíz ou mal do Panamá, causada polas especies do xénero Fusarium.
  • Gomose de Phytophthora, causada por Phytophthora nicotianae var parasitica

Algodón xeneticamente modificado[editar | editar a fonte]

O algodón xeneticamente modificado (GM) foi creado co obxectivo de redución do uso de pesticidas. Plántase en todo o mundo e crese que implica un 80% menos de uso de pesticidas en comparación co algodón normal. Segundo o Servizo Internacional para Adquisición de Aplicacións Biotecnolóxicas Agrícolas (ISAAA), a área total mundial dedicada ao cultivo de algodón xeneticamente modificado é de 67,000 km² en 2002. Isto representa arredor de 20% da área total usada para o cultivo de algodón. As colleitas norteamericanas de algodón xeneticamente xa representan o 73% do total da produción nacional.

A introdución inicial de Algodón GM en Australia foi un desastre comercial - as colleitas foron menores que as previstas e os algodoeiros fixeron polinización cruzada con outras variedades de algodón. Con todo, coa introdución dunha segunda variedade de algodón GM, a produción deste tipo de algodón pasou a representar o 15% da produción nacional australiana en 2003 e 80% en 2004, cando a variedade orixinal foi practicamente suprimida.

Algodón orgánico ou biolóxico[editar | editar a fonte]

Flor de Gossypium hirsutum polinizada por un abesouro en Hemingway, Carolina do Sur.

O algodón ou cotón orgánico ou biolóxico é aquel que procede de algodoeiros cultivados sen uso de pesticidas ou aditivos químicos fertilizantes, recorrendo a métodos de menor impacto ambiental. Este tipo de algodón é especialmente utilizado na produción de lenzos, bufandas e quimonos. Existen diferentes niveis de certificación deste xénero de produto mais, en xeral, esíxese que os solos onde a planta é cultivada non teña recibido tratamento químico ningún nos últimos tres anos antes da plantación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gossypium en USDA-GRIN Taxonomy for Plants". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 02 de xullo de 2014. 
  2. Gossypium en The Plant List
  3. Gossypium en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid
  4. Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Algodoeiro&oldid=4843672"