Alonzo Church

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Alonzo Church
Nacemento 14 de xuño de 1903
  Cidade de Washington
Falecemento 11 de agosto de 1995
  Hudson
Soterrado Cemitério de Princeton
Nacionalidade Estados Unidos de América
Relixión presbiterianismo
Educado en Universidade Harvard e Universidade de Princeton
Ocupación matemático, filósofo, catedrático de universidade e informático teórico
editar datos en Wikidata ]

Alonzo Church, nado o 14 de xuño de 1903 e falecido o 11 de agosto de 1995, foi un matemático e lóxico norteamericano que creou a base da computación teórica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na cidade de Washington, diplomouse na Universidade de Princeton en 1924 e obtivo o doutoramento en 1927, onde exerceu como profesor entre 1929 e 1967.

A súa obra máis coñecida é o desenvolvemento do cálculo lambda, e o seu traballo de 1936 que mostra a existencia de problemas indecidibles. Este traballo precedeu ao famoso traballo do seu alumno Alan Turing sobre o problema de parada que tamén demostrou a existencia de problemas irresolubles por dispositivos mecánicos. Despois de revisar a tese doutoral de Turing, demostraron que o cálculo lambda e a máquina de Turing utilizada para expresar o problema de parada tiñan igual poder de expresión; posteriormente demostraron que unha variedade de procesos mecánicos alternos para realizar cálculos tiñan poder de cómputo equivalente. Como resultado postulouse a Tese de Church-Turing.

Entre os máis coñecidos estudantes de doutoramento de Church están Stephen Kleene, J. Barkley Rosser, Leon Henkin, John George Kemeny, Michael O. Rabin, Dana Scott, Simon Kochen e Raymond Smullyan.

O cálculo lambda tivo influencia no deseño da linguaxe Lisp así como as linguaxes de programación funcional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alonzo_Church&oldid=4830519"