Alpes Escandinavos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Montes Escandinavos.

Coordenadas: 65°N 14°L / 65, -14Os Alpes Escandinavos ou Montes Escandinavos, (en sueco Skanderna, Fjällen ou Kölen, en finlandés Köli e en noruegués Kjølen), son unha cordilleira que percorre a península escandinava de nordeste a suroeste ao longo de 1700 quilómetros.

Divídese en tres grupos, os de Kiolen que separa a Suecia de Noruega, os Montes Dofrines que dividen a Noruega, e os Tulianos na rexión meridional.

Forman parte da cordilleira caledoniana, que existiu hai 400 millóns de anos. A actual cordilleira formouse pola colisión entre as placas continentais de Norteamérica e o Báltico que tivo lugar hai 70 millóns de anos.

As maiores alturas son as montañas Glittertind, de 2452 metros de altitude, e Galdhøpiggen de 2469 metros de altitude, ambas as dúas en territorio noruegués.

Os dez picos máis altos de Noruega[editar | editar a fonte]

Os dez picos de montaña máis altos de Escandinavia están todos situados en Noruega: oito na provincia de Oppland e os outros dous na de Sogn og Fjordane. Hai 83 picos de 2200 m de altura ou máis e todos eles están en Noruega.

  1. 2469 m Galdhøpiggen (Oppland)
  2. 2465 m Glittertind (Oppland)
  3. 2405 m Skagastølstind Store (Sogn og Fjordane)
  4. 2387 m Styggedalstinden este (Sogn og Fjordane)
  5. 2373 m Skarstind (Oppland)
  6. 2369 m Vesle Galdhøpiggen (Oppland)
  7. 2368 m Surtningssue (Oppland)
  8. 2366 m Memurutinden Store (Oppland)
  9. 2351 m Jervvasstind (Oppland)
  10. 2348 m Sentraltind (Oppland)

Os doce picos máis altos de Suecia[editar | editar a fonte]

Área montañosa de Trollheimen nos condados noruegueses de Møre og Romsdal e Sør-Trøndelag.

Existen doce picos en Suecia por encima dos 2000 m, ou 13 dependendo de como se defina un pico. Esta é a lista segundo a UIAA. Oito deles atópanse nos parques nacionais de Sarek e Stora Sjöfallet. Os outros catro están situados máis ao norte, na rexión de Kebnekaise. Todos os nomes das montañas proveñen de linguas saamis, aínda que están escritos coa grafía sueca máis común.

  1. 2104 metros Kebnekaise (Laponia sueca)
  2. 2097 metros Kebnekaise Nordtoppen (Laponia)
  3. 2089 metros Sarektjåkkå Stortoppen (Laponia)
  4. 2076 metros Kaskasatjåkka (Laponia)
  5. 2056 metros Sarektjåkkå Nordtoppen (Laponia)
  6. 2043 metros Kaskasapakte (Laponia sueca)
  7. 2023 metros Sarektjåkkå Sydtoppen (Laponia)
  8. 2016 metros Akka Stortoppen (Laponia)
  9. 2010 metros Akka Nordvästtoppen (Laponia)
  10. 2010 metros Sarektjåkkå Buchttoppen (Laponia)
  11. 2005 metros Pårtetjåkka (Laponia)
  12. 2002 metros Palkatjåkka (Laponia)
Monte Áhkká avistado desde a meseta Maukojaureh ao seu nordeste.

Outras montañas populares para esquiadores, alpinistas e senderistas son:

  • Sulitelma 1860 m (Laponia)
  • Helagsfjället 1796 m (Härjedalen)
  • Norra Storfjället 1767 m (Laponia)
  • Templet 1728 m (Jämtland)
  • Lillsylen 1704 m (Jämtland)
  • Åreskutan 1420 m (Jämtland)
  • Storvätteshågna 1204 m (Dalarna)
  • Molnet 1191 m (Dalarna)

Os dez picos máis altos de Finlandia[editar | editar a fonte]

Vista desde Meekonvaara (1019 m) cara aos outeiros

Esta é a listaxe dos dez picos de maior altitude no territorio finlandés:

  1. 1324 m Halti (Laponia finlandesa e provincia norueguesa de Troms)
  2. 1317 m Ridnitsohkka (Laponia)
  3. 1280 m Kiedditsohkka (Laponia)
  4. 1240 m Kovddoskaisi (Laponia)
  5. 1239 m Ruvdnaoaivi (Laponia)
  6. 1180 m Loassonibba (Laponia)
  7. 1150 m Urtasvaara (Laponia)
  8. 1144 m Kahperusvaarat (Laponia)
  9. 1130 m Aldorassa (Laponia)
  10. 1100 m Kieddoaivi (Laponia)

A maior prominencia independente de Finlandia atópase en Taivaskero e mide 807 metros de altura.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alpes_Escandinavos&oldid=4227929"