Amador Castro Moure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Amador Castro Moure
Nacemento1962
 Nandulfe, Pedrafita, Chantada
NacionalidadeEspaña
OcupaciónInformática e escritor
PremiosPremio Xerais de Novela
editar datos en Wikidata ]

Amador Castro Moure, nado en Nandulfe (Pedrafita, Chantada) en 1962,[1] é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu desde moi novo en Barcelona. Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía,[2] traballa como programador de aplicacions informáticas e administrador de redes.

Publicou cinco poemas na Escolma da poesía galega 1976-1984 (Vento que zoa / Sotelo Blanco), de Xosé Lois García. No campo musical fundou o grupo 100.000 Profilácticos e despois foi guitarrista en Alicia golpea con Carlos Zanón.[3]

En 2013 publicou Memorias de antes do encoro, novela na que o protagonista viaxa desde París a unha Galicia rural, esquecida e asolagada baixo un encoro.[4] En 2018 publicou Pillabán, pillabán, novela ambientada en Cereixa no século XV nos tempos de María Castaña.[5] En xuño de 2019 gañou o Premio Xerais de Novela por Shanghai a Barcelona, novela sobre a emigración galega a Barcelona. O xurado considerou "que presenta un orixinal emprego das voces narrativas, fiadas unhas con outras con afán de continuidade; destacando a viveza e naturalidade dos diálogos e a efectiva creación dunha atmosfera abafante ao longo de toda a novela, alén da fusión dun rexistro coloquial nos personaxes cunha linguaxe lírica presente en forma de haikus".[6]

El mesmo sinalou que"comecei tarde nisto da novela. Non na literatura" e que atopou "na informática o máis parecido a un proceso creativo".[7]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. B.R.S. (8 de xuño de 2019). "«A obra parte dunha noticia que lin hai anos na Voz»". La Voz de Galicia. Consultado o 2019-06-09. 
  2. Redacción, Faro de. "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, premios Xerais 2019". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-06-09. 
  3. "Amador Castro Moure. Entreescritores: plataforma para publicar libros online.". www.entreescritores.com. Consultado o 2019-06-09. 
  4. "Memorias de antes do encoro". www.amazon.com.br. Consultado o 2019-06-09. 
  5. Pillabán, pillabán de Amador Castro Moure. 
  6. Redacción (08/06/2019). "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Xerais 2019". Sermos Galiza. Consultado o 2019-06-09. 
  7. "Amador Castro gaña o Premio Xerais de novela e Rosa Aneiros e Emma Pedreira os 'Merlín' e 'Jules Verne'". praza.gal. Consultado o 09/06/2019. 
  8. "Memorias de Antes del Embalse de Castro Moure, Amador: Amador Castro Moure 9788461679232 Paperback, No - Ria Christie Collections". www.iberlibro.com (en castelán). Consultado o 2019-06-09. 
  9. "Memorias de antes del embalse eBook: Amador Castro Moure: Amazon.es". www.amazon.es. Consultado o 2019-06-09. 
  10. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-11. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Amador_Castro_Moure&oldid=5272930"