American Broadcasting Company

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logo da ABC

A American Broadcasting Company (ABC) é unha das catro máis grandes cadeas de televisión estadounidenses. Está constituída por varias divisións: televisión (ABC), radio (ABC Radio), noticiarios (ABC News), deportes (ABC Sports) e entretemento, entre outras.

Historia[editar | editar a fonte]

Comezou cando a radio en expansión NBC dividiuse en 1927 en dúas cadeas independentes: Blue Network (Cadea Azul) e Red Network (Cadea Vermella). Para evitar un monopolio nas comunicacións, a NBC foi obrigada a vender a cadea Azul en 1942, mercándoa o 12 de outubro de 1943 [1] Edward J. Noble, fabricante dos doces Life-Savers, que lle deu o seu nome actual á compañía, a American Broadcasting Company, en 1945. Despois de fusionarse con United Paramount Theaters en 1953, a ABC expandiuse na industria televisiva e pronto se converteu nunha das tres cadeas máis importantes. Especializouse na transmisión deportiva e desenvolveu a repetición instantánea en 1961. A cadea foi mercada por Capital Cities Communications en 1985 e por The Walt Disney Company en 1995.

Actualidade[editar | editar a fonte]

Xunto coa CBS e a NBC forman o conxunto de cadeas xeneralistas que até a década de 1980 tiveron o monopolio da audiencia televisiva en Estados Unidos. Tamén chega ás cidades fronteirizas de México e aos sistemas de cable da Franxa Fronteiriza Norte.

Programas[editar | editar a fonte]

Telexornais[editar | editar a fonte]

  • 20/20 (1979-presente)
  • Good Morning America (1975-presente)
  • ABC World News (1978-presente)

Drama[editar | editar a fonte]

Comedia[editar | editar a fonte]

  • According to Jim (2001-presente)
  • The George Lopez Show (2002-presente)
  • Emily's Reasons Why Not (2006-presente)
  • Ugly Betty (2006-presente)
  • Pushing Daisies (2007-presente)
  • Samantha Who? (2007-presente)
  • Boston Legal (2004-2008)

Telenovelas[editar | editar a fonte]

  • All My Children (1970-presente)
  • General Hospital (1963-presente)
  • One Life to Live (1968-presente)

Estelar[editar | editar a fonte]

  • Jimmy Kimmel Live!

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=American_Broadcasting_Company&oldid=5128904"