American Football League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
American Football League
1964 Jets oilers.jpeg
Fundación 1959 (1ª temporada en 1960)
Fin 1970 (fusión coa NFL)
Rexión Flag of the United States.svg Estados Unidos
Equipos 8 (1960–1965)
9 (1966–1967)
10 (1968–1970)
Último campión Kansas City Chiefs (3º título)
Máis laureado Kansas City Chiefs (3 títulos)

A American Football League (AFL) foi unha liga profesional de fútbol americano que operou entre en 1960 até 1969, cando se fusionou coa National Football League (NFL). A liga foi creado por un grupo de empresarios que non puideran obter franquías de expansión da NFL co obxectivo de competir con esta última. Os equipos fundadores da AFL foron os New York Titans, os Boston Patriots, os Buffalo Bills e os Houston Oilers da División Leste e Los Angeles Chargers, Denver Broncos, Oakland Raiders e Dallas Texans da División Oeste.

Historia[editar | editar a fonte]

A American Football League foi fundada por empresarios que non obtiveran franquías na NFL e por socios minoritarios. Na súa primeira tempada en 1960, a liga tiña oito equipos: catro en cidades con equipos da NFL (Os Ánxeles, Nova York, Oakland e Dallas) e catro en cidades sen presenza na NFL (Boston, Buffalo, Denver e Houston). En 1961 os Chargers mudáronse de Los Ángeles a San Diego, e en 1963 os Dallas convertéronse nos Kansas City Chiefs, aumentando así a cantidade de cidades alternativas á NFL. Miami incorporouse á liga en 1966 e Cincinnati en 1968, para un total de dez equipos. A AFL foi emitida por televisión pola cadea ABC desde 1960 até 1964, e a NBC a partir de 1965. Mediante os ingresos dos contratos de televisión, os equipos iniciaron unha guerra económica coa NFL para contratar os mellores xogadores. Ademais se implementaron medidas para aumentar o interese do público, como colocar os apelidos dos xogadores no dorsal das camisetas, e adoptar a conversión de dous puntos.

En maio de 1966, os New York Giants da NFL asinaron un contrato con Pete Gogolak, quen tiña un contrato vixente cos Buffalo Bills do AFL, violando o acordo entre ambas as ligas. En xuño, ambas as ligas asinaron un acordo para fusionarse, acordando que ningún equipo quedaría excluído nin cambiaría de cidade. Ao final da tempada 1966−67 disputaríase un partido entre os campións de ambas as ligas, e en 1970 ambas as ligas integrarían os seus calendarios. Este partido entre os campións de ambas ligas é o hoxe coñecido como Super Bowl.

Equipo ideal da historia da AFL[editar | editar a fonte]

Joe Namath (Jets).

Os seguintes xogadores foron escollidos en 1969 polo Comité do Salón da Fama da American Football League como membros do equipo ideal de toda a historia da competición:[1]

Equipo All-Time da AFL
Ataque Defensa Equipos especiais
Posición Xogador Posición Xogador Posición Xogador
WR Lance Alworth End Jerry Mays K George Blanda
End Don Maynard Gerry Philbin
TE Fred Arbanas T Houston Antwine
T Ron Mix Tom Sestak
Jim Tyrer LB Bobby Bell
C Jim Otto George Webster
G Ed Budde Nick Buoniconti P Jerrel Wilson
Billy Shaw CB Willie Brown
QB Joe Namath Dave Grayson
RB Clem Daniels S Johnny Robinson
Paul Lowe George Saimes

Franquías[editar | editar a fonte]

División Equipo Debut Estadio Balance Títulos
Leste Boston Patriots 1960 Nickerson Field (1960–1962), Fenway Park (1963–1968), Alumni Stadium (1969) 64-69-9 0
Buffalo Bills 1960 War Memorial Stadium (1960–1969) 67-71-6 2
Houston Oilers 1960 Jeppesen Stadium (1960–1964), Rice Stadium (1965–1967), Houston Astrodome (1968–1969) 72-69-4 2
Miami Dolphins 1966 Miami Orange Bowl (1966–1969) 15-39-2 0
New York Titans/Jets 1960 Polo Grounds (1960–1963), Shea Stadium (1964–1969) 71-67-6 1
Oeste Cincinnati Bengals 1968 Nippert Stadium (1968–1969) 7-20-1 0
Dallas Texans/Kansas City Chiefs 1960 Cotton Bowl (1960–1962), Municipal Stadium (1963–1969) 92-50-5 3
Denver Broncos 1960 Bears Stadium/Mile High Stadium (1960–1969) 39-97-4 0
Los Angeles/San Diego Chargers 1960 Los Angeles Memorial Coliseum (1960), Balboa Stadium (1961–1966), San Diego Stadium (1967–1969) 88-51-6 1
Oakland Raiders 1960 Kezar Stadium (1960), Candlestick Park (1961), Frank Youell Field (1962–1965), Oakland–Alameda County Coliseum (1966–1969) 80-61-5 1

Actualmente, dúas das oito divisións da NFL están completamente compostas por ex-equipos da AFL: a AFC Oeste (Broncos, Chargers, Chiefs e Raiders) e a AFC Leste (Bills, Dolphins, Jets e Patriots). Adicionalmente, os Bengals xogan na AFC Norte e os Tennessee Titans (antigamente Oilers) na AFC Sur.

Finais da AFL[editar | editar a fonte]

División Leste División Oeste
Ano Data Campión Marcador Subcampión MVP Sede Asistencia
1960 1 de xaneiro de 1961 Houston Oilers 24–16 Los Angeles Chargers Billy Cannon Jeppesen Stadium 32.183
1961 24 de decembro de 1961 Houston Oilers (2) 10–3 San Diego Chargers Billy Cannon Balboa Stadium 29.556
1962 December 23, 1962 Dallas Texans 20–17 (PR) Houston Oilers Jack Spikes Jeppesen Stadium (2) 37.981
1963 5 de xaneiro de 1964 San Diego Chargers 51–10 Boston Patriots Keith Lincoln Balboa Stadium (2) 30.127
1964 26 de decembro de 1964 Buffalo Bills 20–7 San Diego Chargers Jack Kemp War Memorial Stadium 40.242
1965 26 de decembro de 1965 Buffalo Bills (2) 23–0 San Diego Chargers Jack Kemp Balboa Stadium (3) 30.361
1966 1 de xaneiro de 1967 Kansas City Chiefs (2) 31–7 Buffalo Bills Len Dawson War Memorial Stadium (2) 42.080
1967 31 de decembro de 1967 Oakland Raiders 40–7 Houston Oilers Daryle Lamonica Oakland–Alameda County Coliseum 53.330
1968 29 de decembro de 1968 New York Jets 27–23 Oakland Raiders Joe Namath Shea Stadium 62.627
1969 4 de xaneiro de 1970 Kansas City Chiefs (3) 17–7 Oakland Raiders Otis Taylor Oakland–Alameda County Coliseum (2) 53.561

Cursiva – Finalista da Super Bowl, Negra – Campión da Super Bowl

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 2001 National Football League Record and Fact Book, p. 405, Edited by Randal Liu and Matt Marini, Workman Publishing Company, New York, ISBN 0-7611-2480-2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=American_Football_League&oldid=4565333"