Ana Belén Fortes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ana Belén Fortes
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora, tradutora e editora
editar datos en Wikidata ]

Ana Belén Fortes López é unha filóloga, escritora, editora e tradutora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Filoloxía Hispánica e fixo a especialidade en galego-portugués. Ten estudos de Filoloxía Clásica. Realizou os cursos de doutoramento. É técnica de normalización lingüística e asesora lingüística de revistas e audiovisuais. Foi directora literaria de Sotelo Blanco Edicións (2003-2006). Como empresaria, é directora de Ardora Comunicación, 2008[Cómpre referencia] e da Editorial Guiverny, 2011.[Cómpre referencia] Ten o título de profesora de español como lingua estranxeira e traballa como voluntaria ensinando español a inmigrantes. Participou no TILG, Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Traballou de intérprete na administración de xustiza, no Consello da Cultura Galega (Proxecto Sarmiento) e como coordinadora do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia (2006-2009). Profesional da xestión cultural, foi xurado de premios literarios e culturais (Manuel Lueiro Rey, Concurso de Microrrelatos 35º Aniversario Tórculo e Premios da Crítica Galicia, sección "Cultura'). Tamén foi comisaria de exposicións ("Mulleres no Obxectivo", exposición do XXV Aniversario de Sotelo Blanco Edicións na Fundación Torrente Ballester e da celebración do XXV Aniversario de Sindicato Unións Agrarias no Palacio de Congresos de Galicia) e directora executiva de audiovisuais.

Obras[editar | editar a fonte]

É colaboradora habitual na prensa galega (La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego, El País edición Galicia)[1] e en revistas especializadas como Grial, Anuario de Estudios Literarios Galegos, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Boletín da Real Academia Galega, Tempos Novos, Colóquio Letras (Fundación Gulbenkian, Lisboa, Xulho-Dezembro 1995) etc.[Cómpre referencia]

Poesía
  • Paso a nivel sin barreras, 2012.[2]
  • Fallo general del sistema, 2016, Editorial Guiverny.
Ensaio
  • As ideas literarias de Manuel Murguía, 1996, USC, tese de licenciatura.[3]
  • Manuel Murguía e a cultura galega, 2000, Sotelo Blanco Edicións.
Tradución
Colectivas
  • Vocabulario das matemáticas, multilingüe, Servicio de Normalización Lingüística, USC, 1995. Con Xosé Masa.
  • Diccionario da literatura galega I, Autores, 1995, Galaxia.
  • Diccionario da literatura galega II, Publicacións periódicas, 1997, Galaxia.
  • Diccionario da literatura galega III, Obras, 2000, Galaxia.
  • Diccionario da literatura galega IV, Termos e institucións literarias, 2004, Galaxia.
  • Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf. Coordinación. Sotelo Blanco, 2003.
  • Vintecinco olladas para o século XXI, 2005, coordinación, Sotelo Blanco.[5]
  • 1936 / O Estatuto esquecido, 2016, coordinación, Editorial Guiverny.
  • Universo Cunqueiro, edición dos textos e coordinación, 2005, Sotelo Blanco.
  • Libro do XXV Aniversario de Unións Agrarias. Coordinación.

Terminoloxía

  • Léxico galego-castelán das relacións laborais, da construción e outros seis léxicos galego-castelán sobre distintas materias, supervisados por TERMIGAL (CEG, 2010).[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Somos lo que leemos". El País (en castelán). 22/4/2011. 
  2. Fraga, Xesús (5/4/2012). "La retórica preciosista le ha hecho un flaco favor a la poesía". La Voz de Galicia (en castelán). 
  3. Ficha de As ideas literarias de Manuel Murguía na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
  4. 4,04,1 Ana Belén Fortes na Biblioteca de tradución galega
  5. Libro de conmemoración do XXV aniversario de Sotelo Blanco Edicións.

6 "A contemporaneidade de Rosalía” (Culturas, La Voz de Galicia, 8-1-2011) 7 “Defender nuestro futuro”, La Voz de Galicia, 16-02-2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ana_Belén_Fortes&oldid=5198961"