Ana Boullón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Ana Boullón
Ana Isabel Boullón.jpg
Nacemento 1 de abril de 1962
  A Pobra do Caramiñal
Nacionalidade España
Educada en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación lingüista e catedrática
editar datos en Wikidata ]

Ana Isabel Boullón Agrelo, nada na Proba do Caramiñal o 1 de abril de 1962, é unha lingüista galega. Dende 2012 é membro correspondente da Real Academia Galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse coa tese Contribución ó estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1993), e é profesora da mesma universidade. Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia. Participou na elaboración do Dicionario normativo galego-castelán (1988), Vocabulario comercial básico (1988), Dicionario escolar galego (1990), Léxico administrativo castelán-galego (1991) e do Dicionario dos nomes galegos (1992). É colaboradora das revistas Verba e Cadernos da Lingua e no proxecto PATROM (Patronymica Romanica) para a elaboración do Ditionnaire historique des noms de famille romans.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Como editora[editar | editar a fonte]

Como tradutora[editar | editar a fonte]

  • Un ordenador nada ordinario, de Michele Kahn, 1990.
  • A cripta do apóstolo, de Pere Tobaruela, 2010, Xerais.
  • Poñente, de Pere Tobaruela, 2011.
  • Resurrección, de Lea Tobery, 2011, Xerais.
  • Vapor, de Lea Tobery, 2014, Xerais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ana_Boullón&oldid=4888031"