Ana Gandón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ana Gandón
Ana Gandón Menduiña.jpg
 Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]
Freixanes, Nogueira e Ana Gandón presentando Pensar Galicia. Pensar o mundo na Feira do Libro de Vigo.

Ana María Gandón Menduiña é unha política galega do Bloque Nacionalista Galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militou no PSG-EG e foi candidata por esta formación nas eleccións xerais de 1986[1] e nas eleccións xerais de 1989. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993 foi de terceira na lista da Coalición Unidade Galega-Esquerda Unida da Provincia de Pontevedra, encabezada por Camilo Nogueira.[2] Posteriormente integrouse no BNG e foi nas listas desa organización nas eleccións xerais de España de 1996.[3] Nas municipais de 1999 foi no segundo posto da lista do BNG de Vigo, que encabezaba Lois Pérez Castrillo. Foi elixida concelleira e nomeada concelleira de Muller e Educación (1999-2003). Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005 foi na lista do BNG pola Provincia de Pontevedra.[4] Nas municipais de 2011 e municipais de 2015 foi na lista do BNG do concello de Oia.[5]

En 2018 recibiu o Premio de Igualdade Ernestina Otero outorgado polo Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOE
  2. DOG
  3. BOE
  4. DOG
  5. "BOPPO". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2017. Consultado o 12 de abril de 2017. 
  6. Atlántico. "La exedil Ana Gandón, distinguida con el Premio Ernestina Otero". Atlántico (en castelán). Consultado o 2019-03-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ana_Gandón&oldid=5099741"