Ana Romaní

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ana Romaní
Nacemento 5 de agosto de 1962
  Noia
Nacionalidade España
Ocupación escritora, xornalista e poetisa
editar datos en Wikidata ]

Ana Romaní Blanco, nada en Noia o 5 de agosto de 1962, é unha poeta e xornalista cultural galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou na creación da Asociación Cultural Catavento de Noia (1983) e da revista artesanal Carabela de Xiada (Noia, 1983). Entre 1985 e 1989 foi actriz de dobraxe. En 1988 realiza con Chema Gagino o programa A Viborona en RNE-Radio Catro. En 1989 incorpórase á Radio Galega. Desde 1990 dirixe nesta emisora o programa Diario Cultural, de emisión diaria. Desde este programa promoveuse o libro-CD Narradio. 56 historias no ar, e desde o ano 2007 o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Canda a Antón Lopo fundou o Laboratorio de Indagacións Poéticas, no que crearon os espectáculos Ó outro extremo do paraíso (1997) e Lob*s (1999), e coordinaron A Boca Aberta. 1ª madrugada galega de espectáculos poeticos (2001). En 2002 realizou o recital Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade e A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos, con Anxo Quintela.

Participou na creación da revista Festa da Palabra Silenciada e na da asociación Mulleres Galegas na Comunicación. Elabora con outras autoras o estudo Muller e Medios de Comunicación. Imaxe e Protagonismo. Forma parte da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Escribiu as biografías de María Mariño, Belén Feliú e Xela Arias para o "Álbum de Mulleres".

En decembro de 2017 foi proposta, como candidata única, para ser elixida membro da Real Academia Galega[1], e foi elixida académica de número no pleno do 17 de marzo de 2018, para a cadeira que ocupou Xohana Torres.[2]

En 2018, o mesmo ano no que se produce a polémica pola supresión do formato do Diario Cultural e a súa reconversión en cápsulas informativas, Ana Romaní ve recoñecido o seu longo labor co Premio Nacional de Xornalismo Cultural do Goberno de España. Na acta do xurado motivou así a concesión do galardón:

pola súa longa traxectoria no xornalismo, o seu labor arreo na promoción da cultura e da radio con formatos propios, (...) pola súa visión do feminismo crítico e compromiso social.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Marmelada de amoras, 1997, Colección Nova 33.

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Antoloxía, de Antón Avilés de Taramancos, 2003.
  • Coordinou o volume de relatos Narradio. 56 historias no ar (2003), promovido polo Diario Cultural, publicado en Xerais.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado.
  • Festa da Palabra. An Anthology of Contemporany Galician Women Poets, 1988, American University Studies. A cargo de Kathleen N. March.
  • Queimar as meigas (Galicia: 50 años de poesía de mujer), 1988, Editorial Torremozas, Madrid.
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Edicións do Castro.
  • XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
  • Oito e médio, 1993, Edicións do Dragón.
  • XIV Festival da Poesia no Condado, 1994, S. C. D. Condado.
  • Chineses, 1996, O Correo Galego.
  • Construír a paz, 1996, Xerais.
  • Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
  • Para saír do século: nova proposta poética, 1997, Xerais. Edición de Teresa Seara e Luciano Rodríguez.
  • Alguén agarda que volva alí, 1998.
  • Mulher a fazer vento, 1998, Edições Tema.
  • Novas voces da poesía galega: recital, 2000, Consello da Cultura Galega.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram. Por Arturo Casas.
  • The EmLit Project. European Minority Literatures in Translation, 2003, Brunel University Press, Londres.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • Son de poesia, 2005, Edições Fluviais, Lisboa. Editado por Xoán Carlos Domínguez Alberte.
  • X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
  • Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia.
  • 20 Gedichte aus Galicien, 2007, Espiral Maior-Xunta de Galicia.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
  • Poetes gallecs d´avui (antologia), 2008, Llibres del segle.
  • Poetas con Rosalía. V, 2010, Fundación Rosalía de Castro.
  • To The Winds Our Sails, 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
  • XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom, 2011, S. C. D. Condado.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.

Premios[editar | editar a fonte]

Proxectos artísticos[editar | editar a fonte]

  • O Son da Pedra de Milladoiro.
  • Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once poetas galegas da Fundación Rosalía de Castro.
  • Son delas, coordinado por Uxía Senlle.
  • Ó outro extremo do paraíso, 1997, con Antón Lopo.
  • Lob*s, 1999, con Antón Lopo.
  • Arden e Lisboa, 2000, con Rodrigo Romaní.
  • Estalactitas (2002) con Anxos Romero e Lupe Gómez.
  • Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade (2002), en solitario.
  • A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos con Anxo Quintela.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É irmá do músico Rodrigo Romaní e filla de Ana Blanco Gómez, vinculada á directiva da Fundación Rosalía de Castro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ana Romaní ocupará a cadeira de Xohana Torres na Real Academia Galega", artigo en Praza Pública, 16 de decembro de 2017.
  2. "Ana Romaní ocupará la vacante de la poeta Xohana Torres como académica". elidealgallego (en castelán). 
  3. "Ana Romaní, 'Premio Nacional' de xornalismo cultural". Sermos Galiza. Consultado o 2018-09-26. 
  4. "Ana Romaní é galardoada co Premio Nacional de Xornalismo Cultural". Cultura Galega. 25 de setembro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Recitais[editar | editar a fonte]

Entrevistas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ana_Romaní&oldid=4943456"