Ana Vila Portomeñe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ana Vila Portomeñe
Anavila.jpg
Nacemento8 de marzo de 1969
 Meixonfrío
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta e labrega
CónxuxeHeriberto
FillosBrais
XénerosPoesía
editar datos en Wikidata ]

Ana Vila Portomeñe, nada en Meixonfrío (Taboada) o 8 de marzo de 1969, é unha poeta e labrega galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gandeira no lugar de Vila, parroquia de Meixonfrío (Taboada), entre labor e labor encontra a inspiración para escribir poesía.

Comezou publicando en castelán Algo de mi con mucho de ti (2014): recolle «algúns dos sentimentos e das palabras» que lle surxen cando se atopa diante dunha paisaxe determinada ou cando recorda algunha vivencia relacionada coa familia, os amigos, os animais[1]. Son poemas con sentires que din algo da autora, que transmiten diferentes visóns dela mesma.

En 2017 publica en galego Latexos dunha labrega[2], 90 poemas en 115 páxinas. Son unha homenaxe á terra da que se sente orgullosa e tamén á Muller, sobre todo á muller rural ou mariñeira:

Muller de aldea,
muller labrega,
son as túas mans
agarimo da terra.


Tes a luz de cada estrela,
a beleza da lúa chea,
o traballo feito lenda,
un regazo calmando pena,
abrigo que a todos chega
e gran corazón sen fronteira[3].

No poema, A vaca galega, expón:

Esa vaca desperta
de paisaxes ledas
vai facendo casa
de comida chea
xunguida ás estrelas.


Rubia, pinta ou cachena,
moreniña ou pasiega,
cada unha á súa maneira,
ningunha como a galega[4].

E en 2018 publica tamén en galego Pintasías. Pesías e debuxos. Os poemas van acompañados dos debuxos que fixo o seu fillo Brais para que os nenos e as nenas gocen da poesía . Son tamén unha homenaxe aos avós e ás avoas que tanto tempo pasan cos netos por amor. A palabra pintasías remite a pinturas + poesías.

En 2019 sae Sentidos nunha aldea en homenaxe ás aldeas e á escrita á man, porque está escrito á man.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ana Vila, unha gandeira poeta. La Voz de Galicia. 07/03/2015". Consultado o 19/03/2018. 
  2. "Catalogo BNE". Consultado o 19/03/2018. 
  3. "La Torre de los sueños Esmeralda". Consultado o 19/03/2018. 
  4. "Os latexos poéticos de Ana Vila Portomeñe. García, Xosé Lois. Galicia Dixital". Consultado o 19/03/2018. 
  5. López, Laura (2019-03-06). "Ana Vila, poetisa: «As aldeas subsisten grazas ao traballo das mulleres»". La Voz de Galicia. Consultado o 2019-03-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ana_Vila_Portomeñe&oldid=5219218"