Anais de Úlster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Anais de Úlster son unha crónica da Irlanda medieval.

As entradas abarcan desde o ano 431 até o 1540. As que van até 1489 foron compiladas a finais do século XV na illa de Belle Isle en Úlster polo amanuense Ruaidhri Ó Luinín, baixo supervisión de Cathal Óg Mac Maghnusa. As entradas máis tardías foron redactadas por outros autores.

Para os períodos máis remotos, usáronse como fonte algúns anais máis antigos que remontan ás veces até o século VII, e os acontecementos máis próximos reconstruíronse de memoria ou por transmisión oral. A lingua utilizada é o gaélico irlandés, e ás veces o latín. Dado que os Anais de Úlster reproducen palabra por palabra os anais máis antigos, son útiles tanto para os historiadores como para os lingüistas, que poden estudar a evolución da lingua irlandesa.

A biblioteca do Trinity College de Dublín posúe o manuscrito orixinal, e a Bodleian Library de Oxford dispón dunha copia contemporánea que cobre certas lagoas do orixinal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anais_de_Úlster&oldid=4788742"