Anais de Tigernach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Anais de Tigernach (abrev. AT) é unha crónica, probabelmente orixinaria de Clonmacnoise, Irlanda. A linguaxe é unha mestura de latín e irlandés antigo e medio.

Moitos dos rexistros prehistóricos proveñen do manuscrito do século XII, Rawlinson B 502.[1] Porén, a real importancia da crónica refírese ós períodos de 489-766, 973-1003 e 1018-1178.[1] Eses tres fragmentos son orixinarios do manuscrito do século XIV Rawlinson B 488.[1] A cobertura do período 766 até 973 está perdida, mais pénsase que existe de forma reducida na Chronicon Scotorum (abrev. CT). Esta última non abrangue o período de 718 a 804, mais como moito do seu contido deriva da hipotética Crónica de Irlanda, e non dos Anais de Ulster (abrev. AU) e dos Anais de Inisfallen (abrev. AI), é posible ter unha idea do que coteñen os relatos.[1] Kathleen Hughes postula que a AU e AT diverxiron da Crónica de Irlanda algún tempo antes do ano 913.[1]

A crónica debe o seu nome moderno a Tigernach Ua Braín (morto en 1088), abade de Clonmacnoise, mais iso non significa que fose tamén seu autor. A nota engadida á entrada de 1088, ano da súa morte, en Rawlinson B 488 afirma que o texto foi escrito por Tigernach até aquel punto. Se el non máis que o escriba do texto orixinal copiado no século XIV, pode significar que el foi un dos analistas responsábeis ​​polo traballo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,31,4 Hughes, Early Christian Ireland: Introduction to the Sources, pp. 99-162.
  2. Charles-Edwards, "Ua Braín, Tigernach (m. 1088)"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • T. M. Charles-Edwards (2004). Oxford University Press, ed. "Ua Braín, Tigernach (m. 1088)". Oxford Dictionary of National Biography. doi:10.1093/ref:odnb/20439. 
  • Kathleen Hughes (1972). Early Christian Ireland: Introduction to the Sources. Londres. pp. 99–162, esp. 99–116 (capítulo 4). 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anais_de_Tigernach&oldid=4788741"