André Masséna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
André Masséna
Renault - André Masséna, duc de Rivoli, prince d'Essling, maréchal de France (1756-1817).jpg
Nome completoAndrea Massena
Nacemento6 de maio de 1758
 Niza
Falecemento4 de abril de 1817
 París
Causatuberculose
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpolítico e militar
FillosVictoire Thècle Masséna e Francois Victor Massena, 2nd Duke of Rivoli
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Marshal of the Empire, Commandeur of the Royal and Military Order of Saint Louis, Marechal de França, Nomes inscritos no Arco do Triunfo e Knight Grand Cross of the Order of Saint Stephen of Hungary
editar datos en Wikidata ]
André Masséna

André Masséna, nado o 6 de maio de 1758 en Niza e finado o 4 de abril de 1817 en París, foi un militar francés, duque de Rivoli, príncipe de Essling e mariscal do Imperio Francés.

Nomeado xeneral en 1793, co exército de Italia participou nas batallas de Millesimo, Montenotte, Dego, Castiglione e da ponte de Arcola, e a súa intervención decidiu as batallas de Lodi e de Rivoli. En setembro de 1799 derrotou o exército ruso do xeneral Alexander Korsakov na segunda batalla de Zúric[1] e o ano seguinte defendeu a cidade de Xénova durante un longo asedio. A súa resistencia permitiulle a Napoleón Bonaparte facer chegar a Italia as tropas coas que venceu na batalla de Marengo. En 1804 rebiciu o cargo de mariscal do Imperio. Participou nas campañas de Polonia en 1807, e en 1809 combateu as tropas da quinta coalición, distinguíndose na batalla de Aspern-Essling, na de Wagram e na de Znaim.

En 1810, foi destinado á península Ibérica, onde comezou capturando Ciudad Rodrigo despois dun asedio. Xa dentro de Portugal foi derrotado por Wellington na batalla de Buçaco o 27 de setembro, ao non poder romper as liñas anglo-portuguesas en Torres Vedras, e as súas tropas van quedaron inmobilizadas durante meses. Foi vencido novamente en Sabugal o 3 de abril de 1811. Retirouse e entregou ao inimigo a batalla de Fuentes de Oñoro, preto de Salamanca. Finalmente caeu en desgraza e tivo que ceder o mando do exército ao xeneral Marmont e acabar aceptando un cargo local en Marsella.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nafziger, George F. Historical Dictionary of the Napoleonic Era (en inglés).
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=André_Masséna&oldid=4788790"