Andrés Díaz de Rábago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Díaz de Rábago
Nacemento3 de outubro de 1917
 A Pobra do Caramiñal
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmisioneiro
editar datos en Wikidata ]

Andrés Díaz de Rábago[1], nado na Pobra do Caramiñal o 3[2][3] ou o 17 de outubro[4] de 1917, é un médico, frade xesuíta e misioneiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun armador e empresario da Pobra, Andrés Díaz de Rábago Aguiar, e neto de Joaquín Díaz de Rábago, estudou no colexio dos Xesuítas de Vigo e rematou o bacharelato en Portugal. En 1933 accedeu a estudar Medicina na Universidade de Santiago[5], pero interrompeu os estudos á chegada da Guerra Civil para participar como soldado. Nos tempos de estudante en Santiago acompañou a Valle-Inclán, que era amigo e compadre do seu pai, nos seus últimos días[6].

Loitou na Guerra no bando nacional, e a súa familia foi unha importante contribuínte económica ao soporte do exérciro franquista, como testemuña por exemplo El Eco de Santiago do 1 de agosto de 1936[7]. Ao remate da contenda acabou a súa licenciatura e ingresou na Compañía de Xesús (1940). A súa formación relixiosa fíxoa en Salamanca, e trasladouse a Santander[8] para rematar a súa tese.

Como misioneiro católico chegou á China en novembro de 1947[3], logo de facer escala nas Filipinas. Na China estudou teoloxía e traballou nas cidades de Xanghai e Beixín. Na primeira das cidades ordénase como sacerdote católico, en 1952. Coa vitoria do comunismo logo da Guerra Civil Chinesa, Díaz marchou ás Filipinas, onde se estableceu en Manila. Alí continuou a súa formación, ata doutorarse en Teoloxía.

Despois marchou ao Timor Leste, daquela unha colonia portuguesa, onde deu clase a Ximenes Belo e a Xanana Gusmão. De alí finalmente, en 1969, foi para Taiwán, onde traballou como misioneiro católico, como doutor e como profesor de Latín na Universidade Nacional de Taiwán. Continuou activo como relixioso ata superados os cen anos.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É curmán de Carmela Arias Díaz de Rábago, empresaria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Díaz de Rábago é un apelido único. Falta o dato do segundo apelido.
  2. Coruña, La Opinión de A. "Díaz de Rábago, un misionero de 96 años poseedor de una fe que mueve montañas". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2018-12-24. 
  3. 3,03,1 Muñoz Romeo, Héctor E. (2013). Historia de vida de Andrés Díaz de Rábago (1947-57). Universitat Oberta de Catalunya. 
  4. Vigo, Faro de. "Rábago, historia viva de Asia en español". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2018-12-24. 
  5. USC (2017-10-13). "Estes días recibimos a Andrés Díaz de Rábago, licenciado en Medicina pola USC que aos seus 100 anos segue a traballar activamente en Taiwánpic.twitter.com/UbUd8EFbEA". @UniversidadeUSC. Consultado o 2018-12-24. 
  6. Coruña, La Opinión de A. ""Diles que no tengo suelto"". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2018-12-24. 
  7. "Suscripción popular para las fuerzas armadas". El Eco de Santiago (16514): 2. 1 de agosto de 1936. 
  8. Vilaseca, Montserrat (Novembro-decembro 2017). "Andrés Díaz de Rábago, un misionero gallego de 100 años en Taiwán". SuperGesto (132). 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Andrés_Díaz_de_Rábago&oldid=5241166"