Andrés Landín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Andrés Landín
Andrés Landín 1910.jpg
Andrés Landín, retrato en Vida Gallega, 1910.
Nacemento 1846
  Nogueira, Meis
Falecemento 18 de febreiro de 1910
  Pontevedra
Nacionalidade España
Ocupación xornalista e político
editar datos en Wikidata ]

Andrés Landín, nado en Nogueira (Meis) en 1846 e finado en Pontevedra o 18 de febreiro de 1910[1], foi un impresor, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instalouse en Pontevedra. Foi propietario da imprenta A. Landín (1868-69), que despois se denominou Landín y Compañía (1871) e finalmente A. Landín (1873-1900). No seu obradoiro imprimíronse moitos libros e periódicos como El Payaso, La República Federal (do que foi redactor), El Progreso, El Orden, La Crónica, La República e Extracto de Literatura. Fundou e dirixiu La Luz, El Lérez, El Noticiero Gallego e Diario de Pontevedra. Foi un "riestrista" e "monterista" moi destacado. Foi concelleiro e Primeiro Tenente Alcalde de Pontevedra e vicepresidente da Cámara de Comercio de Pontevedra.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Tobío e foi pai de Prudencio Landín Tobío.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 19-2-1910, p. 2.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Andrés_Landín&oldid=4641417"