Andrés Rey Baltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Rey Baltar
Nacemento19 de setembro de 1886
 Padrón
Falecemento1 de decembro de 1936
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Andrés Genaro Rey Baltar, nado en Padrón o 19 de setembro de 1886 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Ramón Rey Baltar. Propietario e innovador agrario. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Padrón. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e recluído no cárcere de Padrón até o 30 de agosto que foi trasladado á prisión de Santiago de Compostela. Xulgado en consello de guerra en Compostela acusado de traizón o 16 de novembro con Francisco Castaño Otero, Jaime Caamaño Comparada, Antonio Correa Jamardo e José Millares Gil, foron condenados a pena de morte.[1] Foron executados no cemiterio de Boisaca o 1 de decembro de 1936. Posteriormente fóronlle incautados os seus bens e poxados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 17-11-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Andrés_Rey_Baltar&oldid=5252662"