Andrés Solar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Solar
Nacemento25 de agosto de 1955
LugarEl Fondón, Deva, Xixón, Principado de Asturias Asturias
Falecemento27 de decembro de 1984 (29 anos)
LugarSotrondio, Principado de Asturias Asturias
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
MovementoSurdimientu
XénerosNarrativa
editar datos en Wikidata ]

Andrés Manuel Solar Santurio, nado en Xixón o 25 de agosto de 1955 e finado o 27 de decembro de 1984, foi un escritor en lingua asturiana e militante de esquerda nacionalista. Está considerado un dos mellores escritores do Surdimientu malia a súa pronta morte ós 29 anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Andrés Solar naceu en El Fondón, na parroquia de Deva, en Xixón. Fillo de labregos, fixo os estudos primarios na escola pública do lugar. No ano 1978, involúcrase no movemento de reivindicación lingüística e comeza unha intensa labor cultural e política.

Nos sete anos seguintes publicou artigos en prensa, gañou premios literarios, foi profesor na Universidade Popular de Xixón, foi membro da Academia de la Llingua Asturiana, colaborou co grupo de teatro Xaréu Títeres, foi membro de Conceyu Bable, Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana e do partido de esquerdas Ensame Nacionalista Astur.

Premios Andrés Solar[editar | editar a fonte]

Los Premios Andrés Solar foron creados en 1985 pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana en lembranza e homenaxe do escritor. Os premios teñen dúas categorías. A primeira categoría é a do Pegollu, que se entrega ás persones, entidades, grupos ou colectivos que dalgún xeito loitan pola lingua, incluíndoa na sociedade, empregándoa con normalidade ou favorecendo a súa normalización. A segunda categoría é Madreñazu purpurina, unha categoría de denuncia que vai dirixida a entidades, grupos, políticos ou colectivos que desprestixian o valor da lingua e o sentimento dos seus falantes.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Andrés_Solar&oldid=4198734"