Andrés Tomás Bouza de Figueroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Tomás Bouza de Figueroa
Nacemento1819
 San Xurxo de Sacos
Falecemento13 de xaneiro de 1885
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Andrés Tomás Bouza de Figueroa, nado na parroquia cotobadense de San Xurxo de Sacos en 1819 e finado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1885,[1] foi un xurisconsulto e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun facendado de Cotobade, chamado Domingo Antonio da Bouza, e dunha rianxeira, chamada Silvestra Martínez, foi a estudar Leis en Santiago. Durante o tempo de universitario, casou o 11 de maio de 1844 coa viúva bilbaína Ventura Garay Laja, que era oito anos maior ca el.

Xuíz de Paz de Santiago (ca 1863), Promotor Fiscal de Santiago (1869) e de Ferrol (1870), e avogado colexiado de Santiago. A súa carreira política deu comezo a mediados do século XIX, incorporándose ás corporacións de Pío Rodríguez Terrazo[2] e José Sánchez Villamarín[3], onde alcanzou unha das tenencias de alcalde. Foi alcalde de Santiago de Compostela entre 1874 e 1875, comenzando o seu mandato de modo interino por nomeamento «da autoridade militar da cidade»[4], tras o golpe militar do Xeneral Manuel Pavía. Opúxose á Lei de Redención Foral do 20 de agosto de 1873, pedindo ao ministro de Graza e Xustiza a súa suspensión[5], cousa que sucedeu a finais do mes de febreiro de 1874.

Participou activamente na vida social compostelá, sendo socio do Recreo Artístico e Industrial de Santiago de Compostela e da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Ademais, foi Patrono de Sangue da Fundación Manuel Ventura Figueroa[6] e secretario do Colexio de Avogados de Santiago[7]. Desde os seus postos de responsabilidade, promoveu a celebración de corridas de touros na cidade, especialmente nas Festas do Apóstolo do Ano Santo de 1875[8]. Tamén pertenceu á Comisión organizadora dos Xogos Florais de Santiago, celebrados o 23 de abril de 1875[9].


Predecesor:
José Sánchez-Villamarín Pereira
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1874 - 1875
Sucesor:
Juan José Viñas Balduvieco

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. La Discusión, de Madrid, 18-1-1885.
  2. Esposición [sic] elevada á S.M. por el Ayuntamiento Constitucional de Santiago en 29 de junio de 1856....
  3. La Gacetilla de Santiago, de 21-4-1873 e 20-5-1873.
  4. Segundo unha folla informativa de principios de 1874, cando se estaba afogando a rebelión cantonal de Cartaxena, polo que con probabilidade a data de inicio da súa alcaldía sexa o 11 de xaneiro ("Ayer tarde tomaron posesión del cargo de Concejales...", impreso por José Souto Díaz; Biblioteca de Galicia, sg.530).
  5. El Ejemplo, 3-2-1874, p.2.
  6. El Diario de Santiago, de 13-4-1877, p.2.
  7. Gaceta de Galicia, de 18-5-1880.
  8. El Diario de Santiago, de 14-12-1874 e 2-3-1875.
  9. El Diario de Santiago, de 23-3-1875.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Andrés_Tomás_Bouza_de_Figueroa&oldid=5242510"